A fama lévaa o Sil, pero o Miño non se queda atrás. Inténtao demostrar con marabillas como as que poderás ver nesta viaxe: paseo en catamarán, praias, miradores, etc. Podemos asegurarche que non crerás que pasastes o día en Galicia.
SEGREDOS DO MIÑO: ESCONDIDOS E FERMOSOS
Pola mañá acudiremos a Belesar, lugar onde se encontra o embarcadoiro para tomar o catamarán que nos levará a navegar por un tramo do Gran Miño, coñecendo lugares únicos coma o Cabo do Mundo. Este catamarán (entrada incluída) vai acompañado dun guía que nos explicará os segredos deste río.
Sen saír destas terras da profunda Ribeira Sacra, xantaremos nun restaurante amigo.
Visitaremos un lugar chamado A Cova, onde poderás comprobar que non só existen praias fermosas na nosa costa. Ademais esta Praia da Cova, ten un entorno natural do máis impresionante posible e que non pararás de fotografiar.
Xa por último, levarémosche a observar o Cabo do Mundo e o Miño dende outra perspectiva, mellor dito, dende dous miradores.
Regresaremos.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
