Neste día faremos unha visita completa e inesquecible a uns dos lugares mais entrañables e impresionantes de Galicia: a Ribeira Sacra, completando a visita con outros pobos e lugares igual de marabillosos desta zona.
TESOUROS DE GALICIA, SEGREDOS PARA COÑECER
Antes de nada dirixirémonos a San Pedro de Rocas, un mosteiro único escavado na rocha. Un mosteiro único e especial, en desuso, na que poderás observar tanto catacumbas, como un museo onde ver como vivías os monxes, cultura do viño, etc. IMPRESIONANTE.
De camiño o restaurante, pararemos nun enclave tamén extraordinario, polas vistas, como é o mirador Os Balcóns de Madrid, un dos mellores miradores polas súas impresionantes vistas. Está situado en Parada de Sil, de onde partiremos a andar 1km ata o mirador.
Para xantar dirixirémonos a un dos restaurantes amigos.
E despois desfrutaremos dunha viaxe en Catamarán polos impresionantes Canóns do Sil (entradas incluídas), que non che deixarán indiferente, cunha duración de unhas 2 horas. Trátase do paseo en catamarán máis largo en duración, distancia e fermoso polo seu recorrido, dos que se poden realizar na Ribeira Sacra.
Iniciaremos o camiño de volta.
A orde do programa pode variar segundo dispoñibilidade do catamarán ou outras causas.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: