Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

COÑECENDO LINDOSO E O SANTUARIO DE PENEDA

Categoría raíz
02/04/2023

Achegarémonos neste día a un par de lugares impresionantes pero moi agachados e descoñecidos para o público. Trátase do espectacular Santuario da NOsa Senhora da Penda, e o pobo de Lindoso.

Pola mañá chegaremos a visitar o Santuario da Nosa Senhora da Peneda, no norte de Portugal preiño de Galiza.Unha paraxe moi fermosa que oculta este santuario, e que o rodea o río e as montañás.

Despois de xantar, acercarémonos o famoso pobo de Lindoso, un pobo cheo de segredos, situado na Serra do Xurés, que aparte de moitos tesouros naturáis, conta tamén entre outros moitos con un conxunto de hórreos (62), chamados espigueiros, e supoñen a maior concentración de toda Europa. Tamén poderemos coñecer a fortaleza de Lindoso, nos seus tempos moi importante, sobre todo para as guerras entre os dous bandos.

 

Regreso os nosos domicilios. 

 

 

RELATIVO ÁS HABITACIÓNS: prezo por persoa en habitación dobre. se vas só/soa e prefires habitación dobre, nós axudámosche a buscar ese compañeir@ para a habitación. Habitación individual ten suplemento do hotel.

RELATIVO Ó INCLUÍDO: todas as viaxes inclúen autocar, xantar, aloxamento en pensión completa (nas viaxes de varios días), seguro de viaxe, guías-acompañantes e guías locais, visitas e entradas ós sitios que se mencionan.

RELATIVO ÁS RUTAS: as denominadas "rutas de sendeirismo" son sempre camiñadas que se van a facer por certos paraxes naturais ou lugares de interese dunha forma tranquila e sen dificultade, non son eventos deportivos. Cando estes recorridos teñen certas dificultades coma bastante costa ou pasa dos 10-12 km xa se indica. no inicio das camiñadas sempre se proporciona un pequeno refrixerio para o camiño.

RELATIVO A MÍNIMO DE RESERVAS: sairase sempre que haxa un mínimo de 25 persoas.

RELATIVO A NEN@S: todas as viaxes son aptas para nen@s (menos de 12 anos), salvo que se indique o contrario, e levan un desconto, consultar.

RELATIVO O PRAZO DE RESERVA: prazo máximo de reserva para unha viaxe de varios días, será un mes antes e 15 días antes formalizado o pago. Prazo máximo de reserva para unha excursión dun día, será de 15 días antes, e 7 días antes formalizado o pago.

RELATIVO AS FORMAS DE PAGO: transferencia bancaria, tarxeta na web, tarxeta na oficina, efectivo na oficina, e por bizum (inda que esta forma non se aconsella por ser complicado realizalo pago ó ser bizum de empresas).

RUTAS DE RECOLLIDA: aparte das nosas paradas de recollida de sempre (a saber, de Ribeira a Santiago), haberá 2 novidades:

"Mediante transporte de lanzadeira collerase viaxeir@s da zona de Noia ata muros para Rianxo. así, non aumentamos tempo de recollida para a xente de Noia-muros, nin para os da ruta de sempre do Barbanza".

"E tamén segundo a viaxe, faranse breves paradas na ruta, como poden ser Ourense, Vigo, Pontevedra, etc. Esto indicarase en   cada viaxe ou excursión coma "posible parada en ".

 

 Consulte aquí as rutas de recollida

OPCIÓNS
42,00 €