Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

DE COCIDO Ó CEBREIRO, CON MEIRA, PORTOMARÍN E O PEDREGAL DE IRIMIA

Categoría raíz
9/02/2025

É tempo de cocido, e que mellor nunha zona da Galicia máis lonxana, arraigada e menos coñecida como son o pobo de Meira, o Pedregal de Irimia onde nace o Miño, ou o mesmo Cebreiro, para acabar o dia en Portomarín como os peregrinos.

 

ÚNICA E ORIXINAL, GASTRONOMÍA GALEGA, POBOS SINGULARES

 

Esta proposta ten unha experiencia gastronómica xa que che ofrecemos ir de cocido ao mesmo Cebreiro, e alá no alto deleitarse con este prato contundente  e saboroso.

Camiño do Cebreiro coñeceremos o pobo de Meira, onde despois de almorzar poderás coñecer o mosteiro de Santa María de Meira (entrada incluída). Continuaremos a un sitio con significado, xa que é onde nace o noso Miño, onde poderás observar ese lugar de inicio e sentir do río galego máis famoso, o Pedregal de Irimia.

Aparte de xantar, no Cebreiro poderás desfrutar das súas construcións típicas chamadas pallozas.

E xa de regreso pola tarde pararemos no pobo de Portomarín, lugar de parada obrigatorio tamén dos peregrinos, e onda poderás descubrir algún recuncho desta poboación.

 

 

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
65,00 €