Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

DE ESPAÑA A FRANCIA: A COSTA VASCA

Categoría raíz
15-17/08/25

BIARRITZ, SAN JUAN DE LUZ, SANTURCE, MUNDAKA E BERMEO

Co hotel a 15 minutos de Bilbao, Santurce ou Getxo, propoñemosche unha ponte de Agosto única, orixinal e fresca. Recorrer pobos da costa vasca dende Francia a España. Pobos coma a brupta e fermosa Biarrtiz, a mais tranquila pero impresionante San Juan de Luz, vilas auténticas coma Bermeo e Mundaka, ou un pobo mais turístico e cosmopolita coma Santurce. En agosto RECORRE A COSTA VASCA !!!

 

ESENCIA VASCA, DE FRANCIA A ESPAÑA. VERÁN ÚNICO, ORIXINAL E CON FUNDAMENTO COMO DIRÍA UN GRAN VASCO.

 

1º día:

Despois de xantar e instalarnos no hotel no mediodía, dedicaremos a tarde a visitar dous pobos vascos por definición: Mundaka e Bermeo. Pobos típicos cargados de historia e cultura a cada cal mais fermoso.

Empezaremos paseando por Bermeo, co seu Puerto Viejo, e zona portuaria, ou o seu casco vello, con lugares coma a Praza Sabio Arana, Convento de San Francisco, a Porta de San Juan, e mais.

Mundaka non se queda atrás. Da man do noso guía, coñecerás o seu Porto característico, a Ermida de Santa Katalina, o Casco Antigo, e algún que outro mirador.

Volveremos a o hotel a cear e aloxarnos.

 

2º día:

Neste dia central da ponte escapamos a Francia, alá onde comeza o Pais Vasco.

Pola mañá poderemos desfrutar de Biarritz, unha cidade glamurosa entre os Pirineos e o Atlántico, que dende lonxanos tempos foi un destino turístico. Cun guía local (incluído) daremos conta dos seus sitios mais curiosos: Praia do Porto Vello, a Rocha da Virxe, a Igrexa de Santa Eugenia, Plateau de l´Atalaye, o Porto dos Pescadores, a Igrexa de Saint Joseph, e moito, moito mais.

Xantar pola zona.

Xa pola tarde toca San Juan de Luz, unha cidade vasca mais pret de España xa, na que se mezcla a arquitectura tradicional  vasca e francesa. Da man dun guia local incluído, poderás coñecer esta curiosa e icónica cidade, con un fermoso porto, un casco antigo, a Praza de Luis XIV, Maison de Luis XIV, Igrexa de San Juan Bautista, ...

Volveremos a o hotel a cear e aloxarnos.

 

3º día:

Neste terceiro día, tes como opción quedar en Bilbao, vamos a costa de Bilbao, concretamente a unha cidade moi coñecida do entorno de Bilbao pero moi turística e famosa. Aquí hai vilas coma Getxo, Algorta, e tamén Santurce, a cal coñeceremos e percorreremos tratándoa de coñecer. Alí entre outros currunchos e lugares, verás a Ponte de Vizcaia, a primeira ponte transbordadora do mundo, ou tamén o seu icónico Muelle de Hierro. Trátase dunha vila na que pasear e deleitarse.

Ó mediodía, acercarémonos o hotel a xantar, e a iniciar o camiño de regreso.

 

 

⇒HOTEL 3* a 15 min en coche de BILBAO

⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: ZONA CORUÑA

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
290,00 €