Que mellor se pode facer un domingo que saír da casa e seguir coñecendo un pouco máis a nosa terra. Neste día acercarémonos á zona da Costa da Morte, onde visitaremos lugares tan interesantes para o imaxinario galego como son Fisterra e o fin do mundo, a incrible Fervenza do Ézaro e o gran hórreo de Carnota, facendo ademais unha pequena parada en Muros.
Comezamos a domingo facendo unha parada na vila mariñeira de Muros, onde a parte de ter tempo para coñecela, aproveitaremos para desaiunar. Muros é un animado e próspero pobo mariñeiro, situado na Ría de Muros-Noia, que xa no século X había indicios da súa existencia. Xa esta vila, vixiado polo Monte Louro, foi declarado no 1970 coma Conxunto Histórico-Artístico.
Seguiremos o camiño e chegaremos a Fisterra, onde nos poñeremos no fin do mundo para os romanos, no seu Faro; ademais de coñecer a vila. É Fisterra outra vila mariñeira, moi coñecida para nós pola súa situación na Costa da Morte e a historia no mundo do mar que houbo por desgracia con ela, pero ademais agora revulsionado por ser fin do Camiño a Santiago dos peregrinos.
Tras xantar nun restaurante da zona, poñeremos rumbo á Fervenza do Ézaro, sendo a única fervenza de Europa que desemboca directamente no mar. É impresionante a súa situación , o seu entorno, as vistas, ...
Antes de volver ás nosas casas, faremos unha pequena parada para coñecer o hórreo de Carnota, un dos máis grandes de Galicia.
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: