Un último gran viaxe do ano! Non te quedes sen a oportunidade de visitar 4 das cidades máis importantes de Castilla e León na Ponte de decembro. Segovia, Ávila, Palencia e Zamora, e co hotel no centro da fantástica Valladolid para cerrar esta viaxe de marabillas. Ven a desfrutar do Nadal castellano nestá viaxe única de 3 días.
CAPITAIS DE CASTELA, NADAL DE PELÍCULA,
HOTEL 4* NO CENTRO DE VALLADOLID
1º día:
Comezamos a viaxe poñendo rumbo a Palencia.
Tras xantar nun restaurante, dispoñeremos de toda a tarde para coñecer Palencia: cidade moi descoñecida pero con grandes e fermosos tesouros. Aquí coñeceremos da man dunha guía local (incluído) lugares como a Catedral de San Antolín (entrada incluída), chamada a Bella Descoñecida, a igrexa de S Miguel, a Dársena do Canal de Castilla, a súa concurrida Praza Maior e Rúa Maior, ou o Mosteiro de Sta Clara, entre outros. Contaremos tamén con tempo libre.
Ao final dirixirémonos ao hotel, onde cearemos e nos aloxaremos.
2º día:
Arrancaremos tras o desaiuno cara a cidade de Ávila, onde faremos unha ruta da man dunha guía local (incluído) para coñecer o máis destacado e impresionante de Ávila: as Murallas (entrada incluída), o seu extenso e característico casco antigo, a Basílica de S Vicente, o Torreón dos Guzmanes, a Catedral do Cristo Salvador (entrada incluída), a Plaza da Santa, as Prazas características do Mercado Chico e a do Mercado Grande, etc. Teremos tamén tempo libre.
Tras o xantar poñeremos rumbo á 3º cidade da viaxe: Segovia, adentrándonos no corazón desta histórica cidade.
Nomeada Cidade Patrimonio pola Unesco, Segovia ofrecéranos a oportunidade de realizar unha ruta guiada cunha guía local (incluído), coñecendo algúns dos monumentos máis relevantes da mesma. Poderemos deleitarnos co acueduto romano máis grande e mellor conservado do mundo, visitar a catedral de Segovia (entrada incluída) ou o Alcázar (entrada incluída), a antiga fortaleza dos Reis de Castela. Ademais, entre as súas rúas descubriremos o Barrio Xudeu, a Casa de los Picos, La Alhóndiga ou a Plaza Mayor do século XVII, entre outros espazos destacados.
Tras o tempo libre, regreso ao hotel e aloxamento.
3º día:
Chegamos ao último día da viaxe. Tras o desaiuno, chegaremos á cidade de Zamora. Grazas a unha guía local (incluído), recorreremos a cidade, coñecendo lugares como a Catedral de Zamora (entrada incluída), o Castillo de Zamora (entrada incluída), a Praza Maior, a Porta e Palacio de Doña Urraca, o Torreón da Cuesta do Mercadillo, uns muíños orixinais, así como mais edificios monumentais, prazas, etc. Resto da mañá libre para desfrutar cada un da cidade á súa maneira.
Tras o xantar nun restaurante, iniciaremos o camiño de regreso a Galicia.
⇒HOTEL 4* no centro de VALLADOLID
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS:
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
