Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

DE VIVOS A S ANDRÉS DE TEIXIDO

Categoría raíz
30/11/24

Excursión que inda que ten unha temática relixiosa, gana cada vez máis adeptos porque este motivo queda en segundo plano o poder observar e visitar lugares impresionantes, descoñecidos e máxicos da nosa terra, como son a propia aldea de S Andrés de Teixido, o Cabo Ortegal e Acantilados de Vixía Herbeira.

 

  • SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, CABO ORTEGAL, ACANTILADOS DE VIXÍA HERBEIRA: TRADICIÓN E NATUREZA

 

Na mañá dirixirémonos a San Andrés de Teixido, desfrutando das espectaculares vistas, da propia aldea, as migas e a fonte. Trátase dunha aldea cargada de historia e misterio, na que segundo os atemporais mitos sobre ela, estás obrigado a ir en vida.

Despois da romaría e misas, iremos xantar a un restaurante amigo preto de Cariño.

A continuación, acercarémonos ao Cabo Ortegal. É o segundo cabo máis setentrional da península, cuxos acantilados tamén che meterán medo.

E xa volvendo poderás observar os impresionantes Acantilados de Vixía de Herbeira, os acantilados con maior cota sobre o nivel do mar de Europa continental, con 613 metros de altura. As súas vistas deixaranche abraiado.

 

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
44,00 €