Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

DESCUBRINDO SORIA: CALATAÑAZOR, SORIA, MEDINACELI, MOSTEIRO DE PEDRA,...

Categoría raíz
17-20/04/2025

DESCUBRINDO SORIA: CALATAÑAZOR, BERLANGA DE DUERO, SORIA, MEDINACELI, ALMAZÁN, O BURGO DE OSMA E O MOSTEIRO DE PEDRA

 

Nunca oístes o de “Soria nin a imaxinas”, damos fé. Tanto a cidade de Soria como todas as vilas que vamos a visitar amosan unha Soria che de tesouros, monumentos, pobos casteláns e medievais, e en xeral unha cultura e arquitectura que non che vai deixar indiferente. O longo desta semana santa levarémosche a través de Soria capital mais románica, a pobos ancestrais e cargados de historia coma Medinaceli e Calatañazor, e a pobos que gardan a esencia medieval e castelán coma Berlanga de Duero, Burgo de Osma e Almazán. A maiores vamos a acercarnos e desfrutar dunha das marabillas naturais de España, o Mosteiro de Pedra.

Nota: no caso de que na Semana Santa o Mosteiro de Pedra non fora reconstruído do desastre da DANA, cambiarase esa visita pola de outro pobo soriano moi fermoso e medieval: Ágreda. (e devolveranse algúns euros)

 

NIN A IMAXINAS, TERRAS DE ALMANZOR, VILAS MEDIEVAIS, MOSTEIRO DE PEDRA

 

1º día:

Partiremos rumbo terras sorianas, para chegar a xantar a Aranda de Duero. Despois de xantar chegaremos a unha das xoias de Soria, a Calatañazor, onde Almanzor perdeu o tambor. Esta vila que descubrirás paseando por ela, ensinarache xa nas aforas as ruínas da Ermida de San Juan Bautista e a Ermida da Soedade, a súa muralla, a Praza Maior, os restos do seu Castelo, a impresionante Rúa Maior, e como non a estatua de Almanzor.

Despois partiremos para un pobo mais grande pero que inda mantén a esencia e historia medieval: Berlanga de Duero, coa súa Porta de Aguilera, a Ermida das Torres, a Praza Maior, a Praza do Mercado, a Colexiata de Santa María do Mercado (entrada incluída), o Castelo de Berlanga (entrada incluída), a Ermida de San Baudelio (entrada incluída), etc.

Continuaremos cara o hotel para cear e aloxarnos.

 

2º día:

Dia grande na grande Soria, cara a que partiremos despois de almorzar. Cunha visita guiada por un guía local (incluída) poderás descubrir a Igrexa de Santo Domingo, a Rúa Aduana Vieja, o Palacio dos Condes de Gómora, a Rúa El Collado que é a mais comercial, a Igrexa de San Juan de Rabanera, a Praza Maior, a Concatedral de San Pedro (entrada incluída), o Mosteiro de San Juan de Duero (entrada incluída), a Ermida de San Saturio (entrada incluída), etc. Todo isto con tempo libre para desfrutar da cidade, e se xantará na cidade ou nas aforas.

Regreso o hotel para cear e aloxarse

 

3º día:

Outro dia completo e interesante xa que acudiremos a un dos sitios mais impresionantes pola súa natureza e o seu mosteiro: O Mosteiro de Pedra (entrada incluída). Un complexo que comprende unha natureza espectacular onde a auga é a protagonista, un recurso impresionante como é o Mosteiro de Pedra, e un lugar de tranquilidade, que todo xunto invita a visitalo e marchar dalí convencido e satisfeito.

Xantar pola zona.

Xa pola tarde visitaremos outras das vilas históricas, medievais e fermosas de Castela e de España: Medinaceli. Xa na entrada nos vai impresionar o chamado Cristo de Medinaceli e a Ermida do Humilladero,  na vila en sí, o Arco de Medinaceli, O Castelo (entrada incluída), o mosaico romano, a Ermida do Beato San Julián, a Colexiata, a Praza Maior, o Pazo dos Duques de Medinaceli (entrada incluída), e  en xeral todo o seu maxestuoso casco histórico.

Regreso o hotel para a cear e totar.

 

4º día:

Último dia no que antes de comezar o camiño de regreso, sairemos a visitar Almazán, unha vila que convive coa modernidade e coa súa historia medieval. Nun paseo pola vila daremos conta de:  A Porta da Vila, a Praza Maior, a Igrexa de San Miguel, o Póstigo de San Miguel e o seu mirador, Palacio de los HUrtado de Mendoza, a Porta do Mercado e a Porta Herreros, a Ermida de Jesús de Nazareno, etc.

Agora si que comezamos o regreso parando e coñecendo o Burgo de Osma, outra vila con encanto e señas medievais, na que coñecerás a seu Castelo, a Porta de San Miguel, a Catedral da Asunción (entrada incluída), o Palacio Episcopal, a Praza Maior, a Universidade de Santa Catalina, a Rúa Maior, ...

Xantar de camiño

Fin da viaxe

 

 

⇒HOTEL 4*, A 1KM DE ALMAZÁN

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: LUGO, ARZÚA E MELIDE

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
430,00 €