DESCUBRINDO SORIA: CALATAÑAZOR, BERLANGA DE DUERO, SORIA, MEDINACELI, ALMAZÁN, O BURGO DE OSMA E O MOSTEIRO DE PEDRA
Nunca oístes o de “Soria nin a imaxinas”, damos fé. Tanto a cidade de Soria como todas as vilas que vamos a visitar amosan unha Soria che de tesouros, monumentos, pobos casteláns e medievais, e en xeral unha cultura e arquitectura que non che vai deixar indiferente. O longo desta semana santa levarémosche a través de Soria capital mais románica, a pobos ancestrais e cargados de historia coma Medinaceli e Calatañazor, e a pobos que gardan a esencia medieval e castelán coma Berlanga de Duero, Burgo de Osma e Almazán. A maiores vamos a acercarnos e desfrutar dunha das marabillas naturais de España, o Mosteiro de Pedra.
Nota: no caso de que na Semana Santa o Mosteiro de Pedra non fora reconstruído do desastre da DANA, cambiarase esa visita pola de outro pobo soriano moi fermoso e medieval: Ágreda. (e devolveranse algúns euros)
NIN A IMAXINAS, TERRAS DE ALMANZOR, VILAS MEDIEVAIS, MOSTEIRO DE PEDRA
1º día:
Partiremos rumbo terras sorianas, para chegar a xantar a Aranda de Duero. Despois de xantar chegaremos a unha das xoias de Soria, a Calatañazor, onde Almanzor perdeu o tambor. Esta vila que descubrirás paseando por ela, ensinarache xa nas aforas as ruínas da Ermida de San Juan Bautista e a Ermida da Soedade, a súa muralla, a Praza Maior, os restos do seu Castelo, a impresionante Rúa Maior, e como non a estatua de Almanzor.
Despois partiremos para un pobo mais grande pero que inda mantén a esencia e historia medieval: Berlanga de Duero, coa súa Porta de Aguilera, a Ermida das Torres, a Praza Maior, a Praza do Mercado, a Colexiata de Santa María do Mercado (entrada incluída), o Castelo de Berlanga (entrada incluída), a Ermida de San Baudelio (entrada incluída), etc.
Continuaremos cara o hotel para cear e aloxarnos.
2º día:
Dia grande na grande Soria, cara a que partiremos despois de almorzar. Cunha visita guiada por un guía local (incluída) poderás descubrir a Igrexa de Santo Domingo, a Rúa Aduana Vieja, o Palacio dos Condes de Gómora, a Rúa El Collado que é a mais comercial, a Igrexa de San Juan de Rabanera, a Praza Maior, a Concatedral de San Pedro (entrada incluída), o Mosteiro de San Juan de Duero (entrada incluída), a Ermida de San Saturio (entrada incluída), etc. Todo isto con tempo libre para desfrutar da cidade, e se xantará na cidade ou nas aforas.
Regreso o hotel para cear e aloxarse
3º día:
Outro dia completo e interesante xa que acudiremos a un dos sitios mais impresionantes pola súa natureza e o seu mosteiro: O Mosteiro de Pedra (entrada incluída). Un complexo que comprende unha natureza espectacular onde a auga é a protagonista, un recurso impresionante como é o Mosteiro de Pedra, e un lugar de tranquilidade, que todo xunto invita a visitalo e marchar dalí convencido e satisfeito.
Xantar pola zona.
Xa pola tarde visitaremos outras das vilas históricas, medievais e fermosas de Castela e de España: Medinaceli. Xa na entrada nos vai impresionar o chamado Cristo de Medinaceli e a Ermida do Humilladero, na vila en sí, o Arco de Medinaceli, O Castelo (entrada incluída), o mosaico romano, a Ermida do Beato San Julián, a Colexiata, a Praza Maior, o Pazo dos Duques de Medinaceli (entrada incluída), e en xeral todo o seu maxestuoso casco histórico.
Regreso o hotel para a cear e totar.
4º día:
Último dia no que antes de comezar o camiño de regreso, sairemos a visitar Almazán, unha vila que convive coa modernidade e coa súa historia medieval. Nun paseo pola vila daremos conta de: A Porta da Vila, a Praza Maior, a Igrexa de San Miguel, o Póstigo de San Miguel e o seu mirador, Palacio de los HUrtado de Mendoza, a Porta do Mercado e a Porta Herreros, a Ermida de Jesús de Nazareno, etc.
Agora si que comezamos o regreso parando e coñecendo o Burgo de Osma, outra vila con encanto e señas medievais, na que coñecerás a seu Castelo, a Porta de San Miguel, a Catedral da Asunción (entrada incluída), o Palacio Episcopal, a Praza Maior, a Universidade de Santa Catalina, a Rúa Maior, ...
Xantar de camiño
Fin da viaxe
⇒HOTEL 4*, EN ALMAZÁN
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: