Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

DUERO PORTUGUÉS: OPORTO, GUIMARAES, AMARANTE, PESO DA REGUA CON CRUCEIRO POLO DUERO E XANTAR NUNHA

Categoría raíz
17-20/04/2025

DUERO PORTUGUÉS: OPORTO, GUIMARAES, AMARANTE, PESO DA REGUA CON CRUCEIRO POLO DUERO E XANTAR NUNHA BODEGA, LAMEGO, VILA REAL E CHAVES.

 

Ven a desfrutar dunha Semana Santa diferente no val do Douro Portugués. Nestas Terras do Norte de Portugal, descubriremos cidades non tan coñecidas pero moi interesantes coma Vila Real, Lamego ou Amarante; outras máis coñecidas como Guimaraes e Oporto; e ademais realizaremos un cruceiro polo Douro para coñecer as bodegas de Peso da Regua. E no camiño de volta tamén darás conta de Chaves.

 

DUERO PORTUGUÉS COMPLETO, SEGREDOS DO DUERO PORTUGUÉS (VIÑO E AUGA)

 

1º día:

Saída cedo das nosas casas, parando xa pola mañá en Guimaraes, onde coñecerás lugares como o Palacio dos Duques de Braga (entrada incluída) ou o Castelo de Guimaraes (entrada incluída), entre outros. Teremos tamén tempo libre.

Seguimos o camiño e chegamos a Oporto, onde xantaremos nun restaurante amigo á beira do río.

Pola tarde, aproveitando a situación privilexiada do restaurante, realizaremos unha visita pola cidade de Oporto, na cal coñeceremos o Palacio da Bolsa (entrada incluída), a Estación de Sao Bento, a Igrexa e a Torre dos Clérigos ou a famosa Librería Lello. Non nos iremos sen tempo libre para desfrutar da cidade ao noso aire.

Pola noite retirarémonos ao hotel en Amarante, onde cearemos.

 

2º día:

Comezaremos este día, visitando o pobo de Lamego, pobo que está cerquiña do Duero, no Alto Duero. Coñeceremos lugares como o Castelo (entrada incluída), a Cisterna de Lamego, a Catedral (entrada incluída) ou o Santuario dos Remedios, igrexa que conta cunha impresionante escalinata para chegar a él. Ademais contaredes con tempo libre.

Xantaremos no mesmo Lamego ou arredores.

Tras o xantar, collemos rumbo a Peso da Regua, capital do Alto Douro e capital do Viño de Oporto. Aquí realizaremos un Cruceiro polo Douro (incluído), ata Pinhao. Ademais visitaremos tamén unhas famosas Bodegas de Peso da Regua (entrada incluída) onde xantaremos.

Regreso ao hotel e cea.

 

3º día:

Tras o desaiuno no hotel, acercarémonos á vila de Vila Real, onde cun tranquilo e pequeno paseo darás conta dos encantos que posúe. Entre eses encantos atópase a Catedral de Santo Domingo (entrada incluída), entre outros. Contaremos con tempo libre

Tras o xantar relaxado no hotel, sairemos a dar un paseo para coñecer Amarante, unha vila de moita auga e ambiente. Darás conta de igrexas coma a da Madalena, a Igrexa de San Pedro, e a impresionante Igrexa e Mosteiro de San Gonzalo (entrada incluída), o Solar dos Magalhaes, o Açude dos Morleiros, ...

Contaremos co resto da tarde libre, antes de regresar ao hotel a cear.

 

4º día:

Neste último día, tras o desaiuno no hotel, acercarémonos á vila de Chaves, onde contemplarás o Forte de Sao Neutel (entrada incluída), o Castelo (entrada incluída), ou as termas. Tempo libre.

Tras xantar, regreso á casa.

 

 

⇒HOTEL 3*, NO CENTRO DE AMARANTE

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
460,00 €