Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FEIRA DA ESTELA, PÓVOA DO VARZIM E PONTE DA LIMA

Categoría raíz
06/07/25

Neste domingo acudiremos a visitar dous pobos portugueses con encanto, ambos con moito atractivo turístico, como son Póvoa do Varzim e Ponte da Lima. E ademais para ter un día redondo, acudiremos ao famoso mercado da Feira da Estela. A guinda é o xantar nun Rodizio xa amigo, para deleitar carnes asadas.

 

FEIRA DA ESTELA, PÓVOA DO VARZIM, E PONTE DA LIMA

 

Comezaremos o día visitando a famosa Feira da Estela, onde poderás desfrutar (e comprar) de numerosos postos de artesanía, plantas, roupa,...

A continuación toca Póvoa de Varzim, pobo que medrou moito nos últimos anos, e se converteu nunha vila de vacacións, moi cómoda e cosmopolita, na que os seus paseos e praia son o seu maior encanto. Pasearemos polas súas rúas, e tamén disporás de tempo libre.

Acudiremos despois a xantar a un restaurante amigo, o noso querido Rodizio en Barcelos.

Xa pola tarde acudiremos ao noso último destino do día, a fermosa vila de Ponte de Lima. Aquí contaremos con tempo libre para pasear polas súas calles e observar lugares como a Ponte romana, o Largo de Camões ou a Igreja Matriz.

Comezaremos o regreso a Galicia.

 

 

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
51,00 €