Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FERROL, CON PASEO EN BARCO, E O MOSTEIRO DE MONFERO

Categoría raíz
22/06/2025

Un domingo diferente pola cidade de Ferrol e arredores. Esta vez, ademais de visitar a propia cidade, desfrutaremos nun espectacular paseo en barco pola ría de Ferrol, co cal veremos dende o mar. Para cerrar este día, acercarémonos a Monfero para coñecer o seu mosteiro.

 

FERROL DESCOÑECIDO, RÍA DE FERROL, MONFERO MOSTEIRO BARROCO E ROMÁNICO

 

Pola mañá chegando a Ferrol o primeiro que faremos será realizar un pequeno paseo en barco pola ría de Ferrol (incluído), co cal teremos unha vista distinta da costa, e poderemos observar esta ría tan chea de vestixios coma os castelos que a flanquean e a vila de Mugardos . Ao rematar, realizaremos unha pequena ruta andando pola cidade, coñecendo lugares como o Museo Naval (entrada incluída), o Barrio da Magdalena, o cuartel dos Dolores (entrada incluída), a Rúa Real, ou o Palacio da Capitanía.

Tras xantar, acercarémonos ao Mosteiro de Santa María de Monfero (entrada incluída).

Regreso.

 

 

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
55,00 €