Comezamos cos findes saudables desta parte do ano. Esta vez, acercarémonos á veciña Portugal para coñecer e recorrer as famosas Passadiços do río Mondego, unhas pasarellas que están triunfando pola súa lonxitude e situación, e que situadas en pleno Xeoparque da Estrela. Este camiño, ofrecerache vistas a paisaxes impresionantes, poder cruzar varias pontes ou deleitarte con algunha que outra cascada. Para cerrar esta finde, coñeceremos as vilas de Aveiro e Viseu.
- PASSADIÇOS DO MONDEGO, AVEIRO E PASEO NOS MOLICEIROS POLOS SEUS CANAIS, E A MAXESTUOSA VISEU
1º día:
Despois da recollida, collemos rumbo a Portugal, nesta mañá, concretamente a Aveiro. Unha cidade colorida e fermosa cruzada por canáis que coñecerás xa que os vamos a navegar nos Moliceiros (entrada incluída), e neles degustaremos os coñecidos Ovos Moles, cun viño espumoso (incluído).
Despois dun paseiño pola vila chegaremos a Viseu ao hotel para xantar.
Aproveitaremos a tarde para coñecer a vila de Viseu, onde mediante unha pequena visita, coñeceremos os seus monumentos máis importantes. Algúns destes son: a Catedral de Santa María (entrada incluída), a praza do Rossio, a Igrexa dos Terceros, a Fonte das Tres Bicas, ou a Igrexa da Misericordia. Logo contaremos co resto da tarde libre.
Cea no hotel e aloxamento.
2º día:
Hoxe si, é o momento de realizar a camiñata polas Pasarelas do Mondego (entrada incluída). Teremos a mañá para recorrer os 12 km de pasarelas que recorren parte da impresionante Serra da estrela. Unha ruta fácil, pero algo larga (é toda chan ou descendente). Para a ruta daremos o habitual refrixerio.
Ao rematar, xantaremos nun restaurante amigo.
Pola tarde, empezaremos co camiño de volta, tendo algunha parada no camiño para estirar as pernas, e cerrar así este completo finde.
⇒HOTEL 3*, ÁS AFORAS DE VISEU
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: