Hai un tesouro escondido, alá pola Alcobaça, que esconde uns tesouros naturais moi fermosos e únicos. Trátase de Sao Martinho de Porto, unha vila escondida nunha bahía, unha praia inmensa, unhas dunas, e unha pasarela, todo isto rematado cunha curiosa capela, que ofrece unhas vistas da vila impresionantes. Nesta finde non podía faltar ademais outros dous pobos mariñeiros con moita historia e tradición, levámosche a Nazaré e Figueira da Foz.
POBOS ÚNICOS, POBOS CON ENCANTO, MÁIS PORTUGAL
1º día:
Comezamos o día desprazándonos a Figueira da Foz, unha vila na costa portuguesa, na que as súas inmensas praias, deixan pintado unha foto única, fermosa e relaxante da vila. Daremos un paseíño por ela, e incluso terás un rato para acabar de descubrila por ti mesmo. Dentro do seu carácter apacible e turístico, vai a dar gusto descubrir o seu pequeno casco histórico e algún que outro monumento.
Toca xantar, para o que nos dirixiremos a Nazaré. Aquí xantaremos nun fermoso restaurante no medio da vila e da súa inmensa praia.
Teremos boa parte da tarde para desfrutar desta vila que vamos a dividir en dúas partes. A zona alta ou Nazaré Vello, onde se atopa o casco antigo da vila e que aparte das súas rúas e igrexas típicas portuguesas, dispón duns miradores á parte baixa e praia de Nazaré que quitan o hipo. Aquí tamén poderemos desfrutar de outro mirador máis famoso se cadra, xa que dende el se pode observar as maiores olas do mundo. Na segunda parte da tarde, acudiremos á Nazaré máis turística, á Nazaré Praia. Loxicamente terás tempo libre.
Ao final do día dirixirémonos ao hotel para cear e aloxarnos.
2º día:
Toca paseo, polo que despois de desaiunar nos dirixiremos a unha vila escondida nunha bahía, pero que xunto coa praia, as pasarelas, sistema dunar e a capela, crean un entorno moi orixinal e único en todo Portugal. É o lugar idílico de Sao Martinho de Porto, no que cunha rutiña de 6-7 km o descubrirás. É unha oportunidade única de facer unha camiñata por unha praia, pasarelas, dunas, acantilados,...
Tras xantar, iniciaremos o camiño de regreso.
⇒HOTEL 3* no CENTRO de CALDA DA RAINHA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO, TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
