Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE SAUDABLE: DESFILADERO DE LA YECLA E SANTO DOMINGO DE SILOS

Categoría raíz
3-4/06/2023

Outra finde espectacular e do máis completa. Disfrutarás dunhas das localidades con máis encanto de Castela, e do seu Mosteiro universalmente famoso, falamos de Santo Domingo de Silos e o seu mosteiro. Para facer máis redondo e inesquecible este fin de semana, o aloxamento tamén terá que ser con encanto, non che defraudará, e situado enfrente mesmo do mosteiro. Que máis se pode pedir: unha camiñata polo desfiladero de La Yecla, na que che sorprenderá o entorno deste cañón recorrido por pasarelas.

1º día:

Sairemos das nosas respectivas paradas camiño de  Covarrubias, xantando de camiño. Covarrubias , vila da comarca de Arlanza, na provincia de Burgos visitarémola despois de xantar, para recorrelo coñecendo lugares coma  a Casa de Doña Sancha, o Torreón de Fernán González, a Praza do Concello, etc., apreciando así o fermosa que é esta vila.

Despois continuamos cara Santo Domingo de Silos, unha espectacular vila a 1000 metros do nivel do mar, e rodeado de altos montes, que unido a o seu aspecto bastante medieval lle confiren o honor de ser un pobo máis bonitos de España. Terás tempo de visitar e pasear polas rúas e o entorno dela.

Ademais conta cun mosteiro (entrada incluída) dos máis importantes do románico de toda Europa, como o demostran as esculturas dos capiteis, relieves, etc., que cunha visita guiada poderás descubrir.

Como colofón a esta finde, aloxarémonos nun hotel con encanto, tan preto do convento como que estamos fronte del !!!

E loxicamente aí cearemos.

 

2º día:

Neste segundo día, despois do almorzo, dirixirémonos ata o inicio da nosa ruta, que comeza xunta o Mosteiro de Santo Domingo de Silos. Trátase dunha ruta moi fermosa, fácil de recorrer, duns 9 km, onde iremos vendo distintas paraxes como desfiladeiros, pasarelas, montañas, etc. É o incrible Desfiladero de la Yecla. No inicio proporcionaremos un refrixerio, como é costume.

Unha vez finalizado o xantar alí en Santo Domingo de Silos, emprenderemos rumbo a Galicia.

 

HOTEL 3*, NO CENTRO DE SANTO DOMINGO DE SILOS

POSIBLES RECOLLIDAS A MAIORES: LUGO

 

 

RELATIVO ÁS HABITACIÓNS: prezo por persoa en habitación dobre. se vas só/soa e prefires habitación dobre, nós axudámosche a buscar ese compañeir@ para a habitación. Habitación individual ten suplemento do hotel.

RELATIVO Ó INCLUÍDO: todas as viaxes inclúen autocar, xantar, aloxamento en pensión completa (nas viaxes de varios días), seguro de viaxe, guías-acompañantes e guías locais, visitas e entradas ós sitios que se mencionan.

RELATIVO ÁS RUTAS: as denominadas "rutas de sendeirismo" son sempre camiñadas que se van a facer por certos paraxes naturais ou lugares de interese dunha forma tranquila e sen dificultade, non son eventos deportivos. Cando estes recorridos teñen certas dificultades coma bastante costa ou pasa dos 10-12 km xa se indica. no inicio das camiñadas sempre se proporciona un pequeno refrixerio para o camiño.

RELATIVO A MÍNIMO DE RESERVAS: sairase sempre que haxa un mínimo de 25 persoas.

RELATIVO A NEN@S: todas as viaxes son aptas para nen@s (menos de 12 anos), salvo que se indique o contrario, e levan un desconto, consultar.

RELATIVO O PRAZO DE RESERVA: prazo máximo de reserva para unha viaxe de varios días, será un mes antes e 15 días antes formalizado o pago. Prazo máximo de reserva para unha excursión dun día, será de 15 días antes, e 7 días antes formalizado o pago.

RELATIVO AS FORMAS DE PAGO: transferencia bancaria, tarxeta na web, tarxeta na oficina, efectivo na oficina, e por bizum (inda que esta forma non se aconsella por ser complicado realizalo pago ó ser bizum de empresas).

RUTAS DE RECOLLIDA: aparte das nosas paradas de recollida de sempre (a saber, de Ribeira a Santiago), haberá 2 novidades:

"Mediante transporte de lanzadeira collerase viaxeir@s da zona de Noia ata muros para Rianxo. así, non aumentamos tempo de recollida para a xente de Noia-muros, nin para os da ruta de sempre do Barbanza".

"E tamén segundo a viaxe, faranse breves paradas na ruta, como poden ser Ourense, Vigo, Pontevedra, etc. Esto indicarase en   cada viaxe ou excursión coma "posible parada en ".

 

Consulte aquí as rutas de recollida

OPCIÓNS
170,00 €