Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE SAUDABLE: PASEANDO ENTRE FRÍAS E TOBERA, CON BURGOS

Categoría raíz
29-30/03/2025

Existe entre Tobera e Frías unha paraxe espectacular, chea de encantos naturais, cascadas, patrimonio, un castelo único,..., e poderás recorrelo cun tranquilo camiñar entre as dúas poboacións. Desfrutaremos tamén de Burgos e a súa maxestuosa catedral

 

PARAXES E LUGARES ÚNICOS DE BURGOS

 

1º día:

Partiremos de mañá cara a Burgos onde chegaremos o mediodía, para xantar nun restaurante amigo coa tremenda catedral de Burgos diante. Despois desfrutarás de tempo libre para coñecer a cidade burgalesa. Faremos tamén unha ruta guiada por Burgos coñecendo os sitios máis interesantes, como a fermosa Catedral (entrada incluída).

Acudiremos a noitiña ó hotel para aloxarnos e durmir.

 

2º día:

Partiremos ao tomar o café cara a Tobera, poboación burgalesa na que che chamará a atención curiosidades coma as súas 2 ermidas xuntas, cascadas, etc. a través dun camiño, na que con outros encantos nos levará ata Frías, fermoso e famoso pobo de Burgos na que destaca a súa icónica forma, co castelo no centro e alto da vila. O castelo tamén ten a entrada incluída. Será unha ruta tranquila e fácil duns 4,5 km, e tamén desfrutaremos de tempo libre en Frías. Para a ruta darase un pequeno refrixerio.

Despois iremos xantar outra vez ao restaurante de Burgos, contemplando a Catedral, e así comezaremos o camiño de volta.

 

 

⇒HOTEL 3*, A 5KM DE BURGOS

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
195,00 €