Nesta proposta de finde saudable levámosche a pasear e coñecer unha das paraxes máis espectaculares e coñecidas de España, vestixio do traballo dos romanos na minería do ouro. Coñeceremos tamén os pobos e lugares máis significativos da comarca do Bierzo.
VILLAFRANCA DO BIERZO, MOSTEIRO DE CARRACEDO, CASTELO DE CORNATEL, CASTELO DOS TEMPLARIOS, PONFERRADA, AS MÁDULAS
1º día:
Empezamos o día descubrindo Villafranca del Bierzo, poboación sita na comarca do Bierzo, en León, e é unha das que se fala o galego da provincia. A través dun paseo descubriremos as súas igrexas, o palacio de Arganza, a ponte de Fuente Quintano, a Rúa da Auga, o Castelo-Palacio dos Marqueses de Villafranca del Bierzo, a porta do Perdón, o concello e a Praza Maior, a Colexiata de Sta María, etc.
Antes de ir a xantar a un restaurante amigo a Ponferrada, visitaremos un curioso mosteiro en rehabilitación, o Mosteiro de Carracedo (entrada incluída).
Despois do xantar, visitaremos un marabilloso monumento, o Castelo dos Templarios de Cornatel (entrada incluída), onde coñecerás a súa grandiosidade.
Por último, aínda nos dará tempo a visitar a coñecida e fermosa vila de Ponferrada, onde ademais de visitar o seu Castelo dos Templarios (entrada incluída), teremos tempo para desfrutala ata a noite, xa que o hotel atópase aquí.
Cea e aloxamento.
2º día:
Pola mañá, ben cedo, partiremos cara un enclave único en España, As Médulas, unhas formacións con orixe na minería dos romanos, que conforman unhas paisaxes únicas e sorprendentes.
Unha pequena ruta de 6 ou 9 km (ti elixes) sen complicacións, dificultade baixa, polos incribles camiños das Médulas onde haberá tempo para sacar fotos das súas marabillosas vistas. Repartirase un pequeno refrixerio para o camiño. Cando se finalice o paseíño desfrutaremos de tempo libre na fermosa aldea de As Médulas.
Despois xantaremos para recuperar forzas e emprenderemos o camiño de volta a casa, parando posiblemente no Cebreiro.
⇒HOTEL 3* no centro de PONFERRADA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: SILLEDA, LALÍN E OURENSE
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
