Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE SAUDABLE: VIA VERDE DE PUENTEDEY, CON MEDINA DE POMAR, EREMITORIO CUEVA DE LOS PORTUGUESES E

Categoría raíz
17-18/05/2025

Aquí esta a andaina de maio. Esta vez, é o turno da Vía Verde de Puentedey, no fermoso pobo do mesmo nome e encadrado nun paisaxe natural de película. Ademais, temos tempo para coñecer outros segredos da provincia de Burgos, como é a vila de Medina de Pomar, corazón do señorío dos Velasco, e as Covas dos Portugueses.

 

VIAS VERDES, POBOS INCRIBLES, MÍAS DE BURGOS

 

1º día:

Saída a nosa hora, para emprender o camiño. Xantar nun restaurante amigo.

A nosa primeira visita será á vila castelán de Medina de Pomar. Aquí coñeceremos lugares incribles como o Castelo dos Velasco (entrada incluída), ou o Mosteiro de Santa Clara (entrada incluída). Ademais descubriremos os seus segredos paseando pola Praza Maior, o Arco da Xudería, ou as súas empedradas rúas. Teremos tempo libre para seguir coñecéndoa ao noso ritmo.

Antes de dirixirnos ao hotel, faremos unha curiosa parada nas Covas de los Portugueses, un conxunto de 14 espazos protomonásticos dos séculos VII e VIII.

Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

 

2º día:

Despois do almorzo, é o turno da pequena andaina que lle da nome ao finde. Poñeremos rumbo a Puentedey, onde pola súa vía verde (antiga liña ferroviaria), realizaremos unha pequena ruta duns 6 km, fáciles de facer. Ademais contaremos con tempo para desfrutar da coqueta vila de Puentedey, un destino imprescindible.

Facilitarase un refrixerio.

Tras o xantar nun restaurante amigo, regreso a Galicia.

 

 

⇒HOTEL 3* A 5KM DE BURGOS

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: LUGO, ARZÚA E MELIDE

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
180,00 €