Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE XEITOSO: A ALBERCA, PEÑA DE FRANCIA E SALAMANCA, CO HOTEL NO CENTRO DE SALAMANCA

Categoría raíz
15-16/03/2025

Proposta ideal para esta finde: unha viaxe completa e tranquila polos currunchos de Salamanca. Acercarémonos a coñecer a cidade de Salamanca e os seus arredores, cidade declarada Patrimonio da Humanidade, e que conta coa Universidade máis antiga de España. Ademais desta coñecida cidade, visitaremos lugares como A Alberca e o Santuario de Peña de Francia.

 

GRANDES LUGARES, PATRIMONIO, IMPRESIONANTE SALAMANCA

 

1º día:

De mañán chegaremos o hotel en pleno centro de Salamanca e xa xanteremos.

Despois do xantar empezaremos  a descubrir lugares coma o pobo de La Alberca, un dos máis bonitos de Salamanca e de España. Este pobo coñeceralo paseando co guía e máis poderalo desfrutar por libre, coas súas igrexas e ermidas, as súas rúas empedradas, casa tradicionais, etc

E como ía faltar a impresionante Peña de Francia e os seus miradoiros. Subiremos o cumio da Serra de Francia onde poderás desfrutar do Santuario de la Peña de Francia (entrada incluída) e das vistas impresionantes.

Regreso ao hotel e cea.

 

2º día:

O día seguinte, dedicarémolo á cidade de Salamanca. Alí pola mañá visitaremos lugares imprescindibles como a súa famosa Praza Maior, a Universidade, a Catedral Nova e a Vella (entrada incluída), a Casas das Conchas, o Huerto de Calisto e Melibea, o Convento de San Estevo, a Torre Clerecía  Scala Coeli (entrada incluída), entre outras maravillas.  Volveremos a xantar no hotel.

Contaredes con tempo libre para namorarvos da cidade e realizar compras.

Regreso ao hotel e xantar

Iniciaremos o camiño de regreso.

 

 

⇒HOTEL 4*, en PLENO CENTRO DE SALAMANCA

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
170,00 €