Son a última sensación das costas portuguesas, son unhas illas frente a Peniche cargadas de exotismo e historia. Son as Illas Berlengas, que che amosaremos, xunto coa visita tamén a outro pobo con historia medieval e considerado un dos máis fermosos de Portugal, Óbidos. E como non, poderás observar as olas en Nazaré.
TESOUROS NATURAIS E POBOS TÍPICOS: ALMA DE PORTUGAL
1º día:
Acudiremos nesta finde a descubrir novos segredos de Portugal.
Comezamos o camiño cedo. Tras xantar nun restaurante amigo, pararemos a coñecer un pouco Nazaré, vila costeira de Portugal, famosa para os surfistas pola súa cantidade e tamaño das olas.
Despois acercarémonos a Óbidos, e gozaremos de tempo libre despois de realizar unha ruta guiada por este pintoresco pobo de orixe medieval e polos seus monumentos: a Porta da Vila, a igrexa de São Pedro, a capela de São Martinho ou a muralla e o Castelo de Óbidos, entre outros.
Posteriormente, dirixirémonos cara o noso hotel para aloxarnos e cear.
2º día:
Nesta segunda xornada desprazarémonos ata Peniche onde embarcaremos cara as Ilhas Berlengas (entrada incluída), unhas illas impresionantes na Reserva Natural das Berlengas, un gran tesouro por descubrir.
Alí, ademais de coñecer a illa e a súa espectacular paraxe, realizaremos unha Visita en barco polas grutas (incluída).
Despois de xantar, emprenderemos camiño de volta á casa.
⇒HOTEL 3*, NO CENTRO DE CALDAS DA RAINHA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO, TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: