Son a última sensación das costas portuguesas, son unhas illas frente a Peniche cargadas de exotismo e historia. Son as Illas Berlengas, que che amosaremos, xunto coa visita tamén a outro pobo con historia medieval e considerado un dos máis fermosos de Portugal, Óbidos. E como non, poderás observar as olas en Nazaré.
TESOUROS NATURAIS E POBOS TÍPICOS: ALMA DE PORTUGAL
1º día:
Acudiremos nesta finde a descubrir novos segredos de Portugal.
Neste día desprazarémonos primeiro o hotel onde xantaremos, e despois ata Peniche onde embarcaremos cara as Ilhas Berlengas (entrada incluída), unhas illas impresionantes na Reserva Natural das Berlengas, un gran tesouro por descubrir.
Alí, ademais de coñecer a illa e a súa espectacular paraxe, realizaremos unha Visita en barco polas grutas (incluída).
outros.
Posteriormente, dirixirémonos cara o noso hotel para aloxarnos e cear.
2º día:
Comezamos o día acercándonos a Óbidos, e gozaremos de tempo libre despois de realizar unha ruta guiada por este pintoresco pobo de orixe medieval e polos seus monumentos: a Porta da Vila, a igrexa de São Pedro, a capela de São Martinho ou a muralla e o Castelo de Óbidos, entre outros.
Despois continuaremos ata Nazaré, onde visitaremos primeiro a Nazaré vella, cos seus miradores impresionantes, e despois a Nazaré baixa, mais tranquila e onde destaca a súa inmensa praia.
Nesta vila xantaremos a beira desta fermosa praia.
Despois de xantar, emprenderemos camiño de volta á casa.
⇒HOTEL 3*, NO CENTRO DE CALDAS DA RAINHA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: