Acercámonos a Estremadura, que parece que xa a estamos botando de menos. Nesta ocasión visitaremos dúas incribles cidades cheas de historia, segredos e monumentos. Estas cidades son Cáceres e Trujillo, que mediante uns expertos guías coñeceremos en profundidade e pasándoo ben. O hotel permitirache coñecer ese Cáceres nocturno, xa que está a “nada máis” que 15 minutos do casco histórico.
SEGREDOS DE EXTREMADURA: CÁCERES E TRUJILLO
1º día:
O sábado sairemos pola mañá cedo, e xantaremos nun restaurante amigo.
Despois acercarémonos á cidade de Trujillo, onde mediante unha rutiña pola cidade, coñeceremos os seus encantos, ademais de ter tempo libre. Algúns dos lugares que visitaremos acompañados dun guía oficial son: a Praza Maior, a Porta de Santiago, o Castelo de Trujillo (entrada incluída), ou a Alberca (entrada incluída), entre outros.
Despois iremos ao hotel en Cáceres, onde cearemos.
2º día:
Aproveitaremos esta mañá para visitar a cidade de Cáceres, mediante unha ruta polos seus tesouros e contando tamén con tempo libre para ultimar as compras. Aquí nesta cidades coa axuda dun guía oficial descubrirás lugares como: a Praza Maior, o Arco da Estrella, a Concatedral de Santa María (entrada incluída), a Torre de Carvajal (entrada incluída), a Torre de Bujaco (entrada incluída), ou o Palacio de Godoy.
Despois de xantar, regresamos as nosas casas.
⇒HOTEL 3* a 15 minutos andando do centro de CÁCERES
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: LALÍN, SILLEDA E OURENSE
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
