Proposta orixinal e moi para unhas vilas de Portugal que che aseguramos que che van a marabillar, e que che propoñemos nunha fin de semana difícil de encontrar. Vente con nós a coñecer as marabillas da vila medieval de Ourem, a curiosa Torres Novas, a grande e mil veces mencionada Leiría, e curiosa vila do Tajo, Santarem
LEIRÍA, SANTAREM, POBO MEDIEVAL DE OUREM, TORRES NOVAS
1º día:
Pola mañá cedo, iniciamos esta finde collendo camiño a Ourem, mellor dito o seu curioso casco histórico. Aquí descubriremos unha das súas catro vías sacras, o seu Castelo (entrada incluída) ou a Igrexa da Colegiada.
Despois poremos rumbo agora á primeira parada, a cidade de Santarem. Aquí mediante unha pequena ruta, visitaremos lugares tan impresionantes como a Catedral de Nosa Señora da Concepción (entrada incluída), o seu Castelo (entrada incluída), a Torre das Cabaças, ou a Rúa Guillermo Azevedo. Teredes tamén tempo libre.
Xa o final do día chegaremos a o hotel e a vila de Torres Novas, polo que inda nos dará tempo a recorrela e a coñecer o seu Castelo (entrada incluída), a Prazada do 5 de outubro, etc
Cea no hotel e aloxamento.
2º día:
Nesta mañán visitaremos a coñecida cidade de Leiria. Aquí, ademais de pasear polas súas rúas, visitaremos o seu Castelo (entrada incluída), a Catedral, a Casa do Terreiro ou a Praza Rodrigues Lobo. Contaremos tamén con tempo libre.
Ao rematar, xantaremos e iniciaremos o camiño de regreso.
⇒HOTEL 3* no centro de TORRES NOVAS
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS:
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
