Outro finde apañado e xeitoso, esta vez na provincia de León. Quen iba a pensar que nestas cidades tan cercanas a Galicia, encontraríamos tantos monumentos e historia. Achégate con nos a descubrir todo o que nos ten que ofrecer, tanto León como Astorga, ademais de ter tempo de coñecer o pobo de Castrillo de Polvazares e Ponferrada.
ENTRE TERRAS DE ASTORGA E LEONESAS, GRANDES VILAS
1º día:
Pola mañá cedo partiremos cara León.
A nosa primeira parada será na fronteiriza Ponferrada, onde ademais de visitar o Castelo dos Templarios (entrada incluída), contaremos con tempo libre para pasear pola cidade antes de xantar.
Pola tarde, visitaremos Castrillo de Polvazares, un pobo da Maragatería pura moi visitado dada a súa importancia no camiño de Santiago, sendo ademais Patrimonio da Humanidade.
E como non, non poderíamos olvidarnos da outra gran protagonista da provincia leonesa, Astorga. Faremos un roteiro guiado por Astorga onde destaca o Palacio de Gaudí (entrada incluída), unhas das poucas obras arquitectónicas do artista neogotico fora de Cataluña, a Catedral de Santa María de Astorga (entrada incluída), Plaza de España, o Domus do Mosaico, ou a representación de dous Maragatos chamados Juan Zancudo e Colasa que dan a hora.
Aloxamento e cea.
2º día:
Neste día, pasearemos pola cidade de León, capital de provincia e chea de arquitectura. Alí, visitaremos a famosa Catedral de León (entrada incluída), un templo católico gótico considerado dos mais fermosos de España; Palacio de los Guzmanes (entrada incluída), un palacio Renacentista do siglo XVI; a Basílica de San Isidoro, un templo cristiano do século XI; a Praza Maior; as Murallas de León, antigas murallas romanas que rodean o casco antigo; ou a Praza do Grano, tamén chamada praza de Santa María del Camino.
Despois desta ruta guiada, terás tempo libre para disfrutar desta fermosa cidade.
Tras o xantar, comezaremos o regreso.
⇒HOTEL 4*, EN LEÓN
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: