Porto é esa cidade completa, que asombra e que gusta, que che abraia e che complace. Visitaremos o máis importante desta fermosa cidade portuguesa, co hotel no centro para que sigas desfrutando pola noite dela
Sábado
Na primeira xornada desta viaxe, partiremos dirección Oporto onde vos acercaremos antes de nada a desfrutar do famoso Mercado do Bolhao e os seus buliciosos postos, xa que non abre de tarde nin no domingo. Tamén o que queira pode subir a Torre dos Clérigos, xa que en grupo levaría moitas horas e non é práctico facelo todos xuntos.
Iremos xantar tranquilamente, para pola tarde desfrutar de Oporto centro e zona do Bolhao. Coñeceremos, entre outros, a Sé de Porto (entrada incluída), a estación de São Bento, a Avenida dos Aliados,a igrexa do Carmo, etc, nun ruta moi interesante. Poderemos o finalizar este recorrido desfrutar de tempo libre ata a hora de ir cear.
Domingo
No segundo día nesta gran cidade chea de sorpresas, dedicarémonos a visitar as fermosas zonas da Ribeira e Vila Nova de Gaia; lugares que nos ofertarán a posibilidade de coñecer o Palácio da Bolsa (entrada incluída) e navegar polo Douro recorrendo as seis pontes de Oporto (cruceiro incluído): a ponte de Luís I, a ponte de D. Infante, a ponte de Dª. Maria, a Ponte de São João, a ponte do Freixo e a ponte da Arrábida. E despois continuaremos paseando ata a zona de Gaia.
Despois de xantar, empezaremos o camiño de regreso.
⇒HOTEL 4* NO CENTRO DE OPORTO
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: