Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE XEITOSO: OPORTO A FONDO (CO HOTEL NO CENTRO)

Categoría raíz
8-9/03/2025

Porto é esa cidade completa, que asombra e que gusta, que che abraia e che complace. Visitaremos o máis importante desta fermosa cidade portuguesa, co hotel no centro para que sigas desfrutando pola noite dela.

 

ESENCIA DE OPORTO, XANTAR EN GAIA, CRUZEIRO, TODO OPORTO

 

1º día:

Na primeira xornada desta viaxe, partiremos dirección Oporto onde vos acercaremos antes de nada a desfrutar do famoso Mercado do Bolhao e os seus buliciosos postos, xa que non abre de tarde nin no domingo. Tamén o que queira pode subir a Torre dos Clérigos, xa que en grupo levaría moitas horas e non é práctico facelo todos xuntos.

Iremos xantar tranquilamente á beira do rio, a Gaia, para pola tarde desfrutar de Oporto centro e zona do Bolhao. Coñeceremos, entre outros, a Sé de Porto (entrada incluída), a estación de São Bento, a Avenida dos Aliados,a igrexa do Carmo, etc, nun ruta moi interesante. Poderemos o finalizar este recorrido desfrutar de tempo libre ata a hora de ir cear.

Cea e aloxamento nun hotel en plena cidade.

 

2º día:

No segundo día nesta gran cidade chea de sorpresas, dedicarémonos a visitar as fermosas zonas da Ribeira e Vila Nova de Gaia; lugares que nos ofertarán a posibilidade de coñecer o Palácio da Bolsa (entrada incluída) e navegar polo Douro recorrendo as seis pontes de Oporto (cruceiro incluído): a ponte de Luís I, a ponte de D. Infante, a ponte de Dª. Maria, a Ponte de São João, a ponte do Freixo e a ponte da Arrábida. E despois continuaremos paseando ata a zona de Gaia, onde volveremos a xantar contemplando Oporto dende a outra beira.....

Despois de xantar, empezaremos o camiño de regreso.

 

 

⇒HOTEL 4* NO CENTRO DE OPORTO

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
180,00 €