FINDE XEITOSO: SALAMANCA E A ALBERCA, CO HOTEL 4* NO CENTRO DE SALAMANCA
14-15/11/2026
OFERTA
Cerrado
Proposta ideal para esta finde: unha viaxe completa e tranquila polos currunchos de Salamanca. Acercarémonos a coñecer a cidade de Salamanca e os seus arredores, cidade declarada Patrimonio da Humanidade, e que conta coa Universidade máis antiga de España. Ademais desta coñecida cidade, visitaremos A Alberca.
1º día:
- De mañá chegaremos o hotel en pleno centro de Salamanca e xanteremos.
- Despois do xantar empezaremos a descubrir o pobo de La Alberca, un dos máis bonitos de Salamanca e de España. Este pobo coñeceralo paseando co guía e máis poderalo desfrutar por libre, coa Praza Maior, coas súas igrexas e ermidas, as súas rúas empedradas, casa tradicionais, etc.
- Regreso ao hotel e cea.
2º día:
- O día seguinte, dedicarémolo á cidade de Salamanca. Alí pola mañá, da man dun guía local (incluído), visitaremos lugares imprescindibles como a súa famosa Praza Maior, a Universidade (entrada incluída), a Catedral Nova e a Vella (entrada incluída), a Casas das Conchas, o Huerto de Calisto e Melibea, o Convento de San Estevo, a Torre Clerecía Scala Coeli, entre outras marabillas.
- Contaredes con tempo libre para namorarvos da cidade e realizar compras.
- Regreso ao hotel e xantar.
- Iniciaremos o camiño de regreso.
⇒HOTEL 4* no centro de SALAMANCA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS:SILLEDA E LALÍN
⇒A compra dunha viaxe ou excursión conleva a aceptación das condicións expostas no seguinte apartado IMPORTANTE:
