Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE XEITOSO: SANTAREM, TORRES NOVAS, TOMAR E POBO MEDEIEVAL DE OUREM

Categoría raíz
14-15/06/2025

Portugal non defrauda, e os seus destinos turísticos son infinitos. Nesta ocasión, na zona centro do país veciño, atopamos a cidade templaria de Tomar; a capital do gótico portugués, Santarem; e os pobos de postal e medievais de Torres Novas e Ourem. A que esperas! Sempre nos queda Portugal !

 

SEGREDOS DE PORTUGAL, VILAS CON ENCANTO, OUREM, SANTAREM, TORRESNOVAS E TOMAR

 

1º día:

Saída a nosa hora cara a Portugal. Chegada ao hotel en Torres Novas e xantar.

Poñemos rumbo agora á primeira parada, a cidade de Santarem. Aquí mediante unha pequena ruta, visitaremos lugares tan impresionantes como a Catedral de Nosa Señora da Concepción (entrada incluída), o seu Castelo (entrada incluída), a Torre das Cabaças, ou a Rúa Guillermo Azevedo. Teredes tamén tempo libre.

Regresamos a Torres Novas, onde antes de ir ao hotel, visitaremos os seus imprescindibles, como son a Cova das Lapas (entrada incluída) ou o seu Castelo (entrada incluída).

Cea no hotel e aloxamento.

 

2º día:

Tras o almorzo, empezamos a mañá coa visita á cidade templaria de Tomar. Primeiro, realizaremos unha ruta guiada pola vila, coñecendo os seus espazos e monumentos máis importantes: o seu Castelo (entrada incluída)Convento de Cristo (entrada incluída), a igrexa de São João Baptista, a Praça da República, a igrexa de São Francisco,... De seguido, poderemos dispor de tempo libre para gozar da vila.

Pero a mañá non acaba aquí. Temos tempo para outra visita. Tócalle ao centro histórico de Ourem. Aquí descubriremos unha das súas catro vías sacras, o seu Castelo (entrada incluída) ou a Igrexa da Colegiada.

Tras o xantar nun restaurante amigo, regreso a Galicia.

 

 

⇒HOTEL 3* EN PLENO TORRES NOVAS

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
180,00 €