Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE XEITOSO: SEGREDOS DE PALENCIA E CANTABRIA

Categoría raíz
30-31/08/25

EREMITORIO RUPESTRE DOS SANTOS XUSTO E PASTOR, LUGAR NATURAL DO NACEMENTO DO EBRO, CASTELO DE ARGUESO, AGUILAR DE CAMPOO, CARMONA, BÁRCENA MAIOR

Queres nunha finde desfrutar, coñecer, asómbrate e marabillarte de grandes lugares e sitios escondidos das rutas xerais e dos medios. Propoñémosche visitar o marabilloso Lugar Natural do Nacemento do Ebro, o impresionante Castelo de Argüeso, a descoñecida Aguilar de Campoo, curiosos lugares sagrados, e vilas como Bárcena Maior ou Carmona. Como o dicimos, e todo dunha maneira sosegada e tranquila, no medio de 2 provincias cunha natureza impresionante. Inda dubidas?

 

GRANDES TESOUROS ESCONDIDOS, MARABILLAS NATURAIS

 

1º día:

Nesta finde que nos moveremos entre as provincias de Palencia e Cantabria, empezaremos polo norte de Palencia cun lugar canto menos máxico e mistico: o Eremitorio Rupestre dos Santos Xusto e Pastor.

Despois continuaremos a xantar a Aguilar de Campoo, para a continuación acercarnos o Lugar Natural do Nacemento do Ebro, onde coa entrada incluída poderás observar e contemplar un espazo natural único e con moita beleza.

De camiño ó Norte chegaremos o Castelo de Argüeso, entrada incluída, unha impresionante fortaleza do século XIII alá no alto dun montículo, que poderás recorrer e coñecer.

Chegada o hotel para cear e aloxarse.

 

2º día:

Continuamos con esta fantástica peregrinaxe cara a unha vila cántabra que tan é fermosa e única como recóndita e escondida. Trátase de Carmona, no val do Nansa e está declarado Conxunto Histórico-Artístico. Só queda pasear e deleitarse con estos pobos históricos.

A continuación chegamos a outro pobo se cadra mais fermoso co anterior pero chamado o mais fermoso de Cantabria: Bárcena Maior. Trátase dun pobo anclado no seu pasado medieval, escondido no Parque Natural de Saja Besaya. Un poo que só recorrendo e paseando or él o entenderás.

E por último, chegaos a outro pobo icónico, neste caso en Palencia, Aguilar de Campoo. Unha vila cargada de monumentos románicos e denominado o pobo da galleta, por que será?. Está declarada tamén Conxunto Histórico-Artístico, e foi moi importante para reis coma Alfonso X El Sabio, os Reis Católicos, e o Emperador Carlos V. Dende a súa Praza Maior, e lugares coma a Casa dos VII Linaxes, Colexiata de San Miguel, a Porta e Ponte do Portazgo, a Porta do Pazo dos Vilatorre, o barrio xudío, ..., Aguilar de Campoo non deixará de marabillarte.

Xantaremos nos arredores.

Regreso a Galicia

 

 

⇒HOTEL 4* en TORRELAVEGA

⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
190,00 €