Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE XEITOSO: TESOUROS DA RIOJA: HARO, SAJAZARRA E MIRANDA DE EBRO

Categoría raíz
25-26/11/2023

Pois nin tan mal esta finde a terras riojanas. Con algo de autobús (jiji) levámosche a vilas famosas e fermosas coma a capital do Rioja, Haro, a Miranda de Ebro, a pobos que, prometido, case é imposible que existan: Sajazarra (ten máis patrimonio ca habitantes).

 

Sábado:

Partindo unha hora antes do normal (tampouco é tanto), colleremos rumbo a Haro. Pararemos en Burgos, a xantar nun restaurante diante da Catedral !!! e seguir ata a capital de Rioja. Xa en Haro, pasearemos por esta fermosísima e curiosa vila, marcada pola súa historia arredor do viño, e darás conta a súa Basílica, o Palacio de la Plaza de la Cruz, a Praza da Paz, O Axuntamento (cunha entrada curiosa), o Palacio de Bendaña (onde están as oficinas de turismo), o Torreón, o Palacio das Sevillanas, a Porta de Santa Bárbara, o Palacio dos Condes de Haro, e algo máis. Disporás de bastante tempo libre nesta vila para que acabes de desfrutar dela.

Despois acercarémonos a Miranda de Ebro, a aloxarnos e cear.

 

Domingo:

Despois de que pasees por Miranda á luz do día ás primeira hora do domingo, partiremos cara o que nos consideramos sinxelamente unha xoia de vila, Sajazarra. Sin facer sonrojar a esta vila con adxetivos, deixamos que opinedes vós do que esconde esta pequena xoia do Rioja: un Castelo (privado), unha muralla, un axuntamento atravesado por un dragón, unha igrexa, os muros do amor, rúas empedradas, etc.

E claro, non lle podía faltar a este pobo un restaurante acorde ó pobo: un asador perfecto e tradicional que nos dará un xantar acorde os seus productos.

Inicio do camiño de volta.

 

HOTEL 3*, NAS AFORAS DE MIRANDA DE EBRO A 5 MIN DO CENTRO ANDANDO

POSIBLES RECOLLIDAS A MAIORES: LUGO

 

NOTA DA EMPRESA: cada viaxe está feita e desenrrolada con cariño e dedicación; para os que formamos este equipo, as viaxes son xentes doutras culturas, outras vilas e cidades, outras obras e segredos, outras costumes e outras tradicións, e propoñémolas como medio de escape das rutinas, traballos e ataduras diarias. Se non che gustan perdón, e perdón tamén a errores que poidamos ter nos destinos, nomes dos lugares, festas, etc. E sobre todo  Déixate viaxar!

RELATIVO ÁS HABITACIÓNS: prezo por persoa en habitación dobre. se vas só/soa e prefires habitación dobre, nós axudámosche a buscar ese compañeir@ para a habitación. Habitación individual ten suplemento do hotel.

RELATIVO Ó INCLUÍDO: todas as viaxes inclúen autocar, xantar, aloxamento en pensión completa (nas viaxes de varios días), seguro de viaxe, guías-acompañantes e guías locais, visitas e entradas ós sitios que se mencionan.

RELATIVO ÁS RUTAS: as denominadas "rutas de sendeirismo" son sempre camiñadas que se van a facer por certos paraxes naturais ou lugares de interese dunha forma tranquila e sen dificultade, non son eventos deportivos. Cando estes recorridos teñen certas dificultades coma bastante costa ou pasa dos 10-12 km xa se indica. no inicio das camiñadas sempre se proporciona un pequeno refrixerio para o camiño.

RELATIVO A MÍNIMO DE RESERVAS: sairase sempre que haxa un mínimo de 25 persoas.

RELATIVO A NEN@S: todas as viaxes son aptas para nen@s (menos de 12 anos), salvo que se indique o contrario, e levan un desconto, consultar.

RELATIVO O PRAZO DE RESERVA: prazo máximo de reserva para unha viaxe de varios días, será un mes antes e 15 días antes formalizado o pago. Prazo máximo de reserva para unha excursión dun día, será de 15 días antes, e 7 días antes formalizado o pago.

RELATIVO AS FORMAS DE PAGO: transferencia bancaria, tarxeta na web, tarxeta na oficina, efectivo na oficina, e por bizum (inda que esta forma non se aconsella por ser complicado realizalo pago ó ser bizum de empresas).

RUTAS DE RECOLLIDA: aparte das nosas paradas de recollida de sempre (a saber, de Ribeira a Santiago), haberá 2 novidades:

"Mediante transporte de lanzadeira collerase viaxeir@s da zona de Noia ata muros para Rianxo. Así, non aumentamos tempo de recollida para a xente de Noia-Muros, nin para os da ruta de sempre do Barbanza".

"E tamén segundo a viaxe, faranse breves paradas na ruta, como poden ser Ourense, Vigo, Pontevedra, etc. Esto indicarase en   cada viaxe ou excursión coma "posible parada en ".

 

➡ Consulte aquí as rutas de recollida

OPCIÓNS
170,00 €