Non te quedes sen a oportunidade de coñecer a fondo Toledo, neste incrible fin de semana, con visitas incluídas coma o seu Alcázar, a Catedral Primada, ou unha mezquita única e impresionante, percorréndoa da man dunha guía da casa como diría o outro.
TOLEDO MEDIEVAL
1º día:
Colleremos o noso bus algo cediño (non moito) e partiremos a aquelas terras que xa pateou aquel cabaleiro andante. A iso do xantar estaremos en Toledo, para así como acabemos comezar a coñecer esta cidade tan universal. Esta tarde recorreremos da man dun guía oficial o Toledo máis histórico: a zona da catedral Primada (entrada incluída), o Alcázar (entrada incluída), a Mezquita Cristo de la Luz (entrada incluída) e coñeceremos lugares como a Praza de Zocodover, as Portas de Alfonso, do Sol, de Alarcones e as rúas, que lle dan a Toledo ese carácter tan castellano e medieval. O final da tarde terás tempo libre para desfrutar desta cidade
Acercarémonos ao hotel que está no centro da cidade para cear e aloxarse
2º día:
Despois do desaiuno, contaremos con toda a mañá libre nesta incrible cidade na que nos aloxamos. Unha pequena recomendación: si che gusta a arte, non te quedes sen visitar o Museo do Greco onde poderás entender porque o Greco se converteu nese artista tan recoñecido mundialmente e cunha obra tan admirada ó longo dos tempos; e non te olvides de pasear polo Barrio Xudío.
Regresaremos ao hotel para xantar, antes de iniciar o camiño á casa
⇒HOTEL 3* no centro de TOLEDO
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: LALÍN, SILLEDA E OURENSE
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
