Ven con nós a coñecer nesta finde de semana tan completa dúas cidades moi interesantes de Castilla e León: Zamora e Medina del Campo. En Zamora desfrutarás dos encantos medievais que tantos anos despois seguen despredendo as súas calles e descubrirás porque Medina del Campo está moi ligada á historia de España, o seu centro histórico da constancia diso.
CASTELO DA MOTA, ZAMORA INCRIBLE, TESOUROS DE MEDINA
1º día:
Tras a recollida, sairemos con dirección Zamora.
Tras o xantar, comezaremos coa visita da cidade de Zamora. Nunha primeira ruta pola cidade coñecerás a Catedral de Zamora (entrada incluída), o Castillo de Zamora (entrada incluída), a Praza Maior, a Porta e Palacio de Doña Urraca, o Torreón da Cuesta do Mercadillo, uns muíños orixinais, así como mais edificios monumentais, prazas, etc. Resto da tarde libre para desfrutar cada un da cidade á súa maneira. Regreso ao hotel e cea.
2º día:
Comezaremos este domingo acercándonos á fermosa e histórica cidade de Medina del Campo. Trátase dunha poboación típica castelán, na provincia de Valladolid, na que aparte do impoñente Castelo de la Mota (entrada incluída), poderás desfrutar e coñecer, con visitas guiadas, o Palacio Real Testamentario (entrada incluída), o Museo das Ferias (entrada incluída), asi coma doutros sitios; a Colexiata, a Praza Mayor, etc etc. Como acabarás de comprobar no tempo libre, unha vila con moita historia e que fixo historia.
Xantar nun restaurante amigo.
Pola tarde iniciaremos o camiño de regreso.
⇒HOTEL 3*, NO MEDINA DEL CAMPO
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: