Ven a pasar un domingo diferente con nós a coñecer unhas vilas con encanto en Portugal. No día de hoxe é o turno de Arcos de Valdevez, onde se di que se creou Portugal (non onde naceu); a medieval Ponte da Barca; e Sistelo, o pequeno “Tívet” portugués.
VILAS CON ENCANTO, SEGREDOS DE PORTUGAL
Non hai tempo que perder. Comezamos pola mañá visitando Ponte da Barca, onde destaca a Ponte medieval, o Pelourinho e o antigo mercado, ou a Igrea Matriz. Seguimos cara Arcos de Valdevez, onde visitaremos a Ponte centenaria, a Igrexa de Sao Paio ou o Reloxo de Auga. Dúas vilas que poderás desfrutar tamén pola túa conta.
Tras xantar nun restaurante amigo, é o turno de visitar Sistelo, aldea pequena pero curiosa nos montes portugueses. Aquí poderás coñecer o Castelo do Vizconde, que non podemos entrar que é un hoteliño, os Espigueiros ou a Igrexa parroquial. E tamén por libre, para que traias unha idea de por qué lle chaman o Tibet portugués.
Regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
![](https://buseandoporgalicia.com/arquivo/imx/Importante.0.jpg)