CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

COLABORAN

MARABILLAS DAS MERINDADES: RECORRENDO BURGOS

Categoría raíz
10-12/10/26

ORBANEJA DEL CASTILLO, OJO GUAREÑA, HOCES DEL EBRO, FRIAS, TOBERA, OÑA, POZA DE LA SAL, CASTIL DE LENCES E BURGOS 

 Espectacular poposta recorrendo vilas e sitios impresionantes de toda a provincia de Burgos. Un viaxe completo redondeado con aloxamento en hotel de 4 estrelas e restaurantes únicos.

 

 1º día

  • Partiremos de mañán cara a Orbaneja del Castilo, o pobo atravesado por rios e fervenzas, que nos adianta o que vai a ser esta viaxe de coñecer pobos e currunchos de Burgos e das súas Merindades.
  • Xantar nun restaurante de Pesquera de Ebro, onde poderemos observar ademais de primeira man as Hoces do Ebro, tremendos cañóns que observaremos dende uns miradores.
  • De tarde acercarémonos a Ojo Guareña; un enclave natural único, que esconde segredos coma a Cova Ermita San Bernabé (entrada incluída).
  • A tardiña chegamos por fin ao hotel para aloxarnos e cear

 

2º día

  • Sen baixar o ritmo, partimos despois de desaiunar para chegar a outra marabilla como é Tobera,  cunha Ermida única ás aforas e dentro da vila existen espectaculares  fervenzas.
  • O carón está Frías, unha vila (mais ben cidade, a cidade mais pequena de España) coronada por un castelo e que nos sigue dando a coñecer as características tan típicas destes pobos castellanos. Entraremos o castelo (entrada incluída).
  • Despois acudiremos a Oña, vila medieval que conta co Mosteiro de San Salvador (entrada incluída) e a Torre de San Juan (entrada incluída), entre outros segredos.
  • Xantaremos nunha vila, Poza de la Sal, moi orixinal e garante desa identidade castelá e medieval. 
  • Despois de xantar teremos tempo a un pequeno paseo por esta vila.
  • De volta ao hotel, pararemos a deleitarnos cunha vila ante todo curiosa e por suposto única: Castil de Lences.
  • Chegada a o hotel e cea.

 

3º día

  • Mañán mais tranquila adicada a capital Burgos, unha cidade que marabilla non só pola súa Catedral (entrada incluída), senón polos seus segredos e recursos.
  • Xantaremos nun restaurante do entorno e comezaremos o regreso.

 

 

⇒HOTEL 4* en BRIVIESCA

⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS:

A compra dunha viaxe ou excursión conleva a aceptación das condicións expostas no seguinte apartado IMPORTANTE:

   

OPCIÓNS
345,00 €