Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

MOSTRA DE ARTESANÍA DE AGOLADA

Categoría raíz
10/08/25

AGOLADA E A SÚA MOSTRA DE ARTESANÍA, FRAGA DE CATASÓS, CASTELO DE PAMBRE, MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

Proposta dun día excepcional puramente galego: comezaremos nun bosque único (a Fraga de Catasós), acudiremos á ínédita, descoñecida e impresionante Agolada, que celebra este día a súa tradicional Mostra de Artesanía; completando a tarde coa visita a dous castelos con moita historia.

 

GALICIA ÚNICA, GRANDES SEGREDOS, AGOLADA E MÁIS...

 

De primeiras acudiremos a un bosque senlleiro, de vellos carballos e castiñeiros, que forman o Monumento Natural das Fragas de Catasós.

Despois dirixirémonos a unha aldea engalonada de tradicións e festas, é a impresionante Agolada. Aquí poderemos coñecer esta poboación e disfrutar este día de festa galega.

Tras tanta festa haberá que xantar.

Pola tarde, acudiremos a dúas construcións únicas e non moi coñecidas de Galicia. Trátanse do Castelo de Pambre e da Fortaleza-Museo de San Paio de Narla, ambos coa entrada incluída.

Regreso.

 

 

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
47,00 €