CASTROURDIALES, SANTOÑA CON PASEO EN BARCO A FARO CABALO, POTES, SANTO TORIBIO DE LIÉBANO, SANTANDER, SANTILLANA, TORRELAVEGA
Cantabria en pleno xullo, unha ponte de tres dias nesta marabillosa zona do norte de España vendo os seus pobos mais característicos e fermosos. Veremos Castrourdiales, fronteira co Pais Vasco, seguiremos por Santoña onde faremos un marabilloso cruceiro a Faro Cabalo, daremos conta do relazado e venerado Santo Toribio de Liébana e o seu mosteiro, da icónica Potes pegada os Picos de Europa, da espectacular pero tamén triplemente mentireira Santillana del Mar, da situada no centro de Cantabria Torrelavega e como non da sía maior cidade e capital Santander.
A CANTABRIA QUE RELAXA E CHE FAI DESFRUTAR; A CANTABRIA INMENSA, ESPECTACULAR, VERDE E AMISTOSA
1º día:
Chegamos a Castrourdiales, primeiro como non, para xantar.
Despois de xantar daremos un paseo por este pobo que linda co Pais Vasco, e veremos o seu inmenso paseo marítimo e porto, a Praza do Concello, o Castelo de Santa Ana, a fermosa Igrexa de Santa María da Asunción, etc, e todo da man dun guía local incluído.
A continuación dirixirémonos a Santoña, terra da anchoa, onde aparte de desfrutar da vila, realizarás unha fantástica viaxe en barco o seu icónico e mundialmente coñecido Faro Cabalo (cruceiro incluído).
Unha tarde completa para comezar collendo a esencia desta comunidade do norte.
Despois xa nos retiramos ó noso hotel para cear e aloxarnos.
2º día:
Dia da cidade meirande de Cantabria, da súa capital, Santander, unha gran cidade que che vai gustar recorrer da man dun guía local (incluído), para coñecer sitios coma o seu Mercado da Esperanza, Praza do Concello, Praza Porticada, a Catedral (entrada incluída), o Paseo Marítimo, os Raqueros, etc, etc.
Despois desta trepidante mañá acercarémonos o hotel a xantar, para pola tarde acercarnos a Santillana del Mar, unha vila fermosa, orixinal e espectacular, onde as haxa, e que posúe unha gran variedade de recursos e monumentos que che alegrarán a tarde. Da man dun guía local (incluído) camiñarás polas súas empedradas rúas topando coa Colexiata de Santa Susana (entrada incluída), fermosas rúas coma a de Juan Infante, a Praza Maior, o Pazo dos Velarde, conventos e demais.
Achegarémonos o hotel a cear e aloxarnos.
3º día:
Último dia por terras cántabras, dirixímonos agora o místico e sosegado Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, onde coa entrada incluída poderás coñecer este emblemático santuario.
E como guinda, outro tesouro escondido de Cantabria, a vila de Potes. Pobo encadrado no final dun dos desfiladeiros mais espectaculares dos Picos de Europa e de toda España, o Desfiladero da Hermida. Aquí poderás recorrer as súas fermosas rúas, a Torre do Infantado (entrada incluída), típicas pontes, a Praza do Capitán Palacio, etc.
Xantaremos ás aforas de Potes, e comezaremos o regreso a Galicia.
⇒HOTEL 4* en TORRELAVEGA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: ZONA CORUÑA
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
