Nesta viaxe a Ourense coñeceremos tanto un Pan de gran fama, un mosteiro e unhas termas moi coñecidas. Qué mellor ca un día de febreiro para ir de termas a Ourense!!!
AUGAS QUENTES, PAN SABROSO E MOSTEIRO
De camiño, faremos unha parada no famoso pobo de San Cristobo de Cea, onde se poderá comprar o seu tan coñecido Pan de Cea (pan con Indicación Xeográfica Protexida).
Deixando Cea atrás, visitaremos as Termas Públicas de Outariz, para desfrutar das súas augas medicinais durante un par de horiñas.
Tras o xantar, para rematar o día, visitaremos o trapense Mosteiro de Oseira en Cea, coa entrada incluída, e desfrutar da súa maxestuosidade.
Despois voltaremos para as nosas casas.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: SANTIAGO
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: