Excursión na que nos diriximos ao norte, a Mariña Lucense. Neste día visitaremos lugares moi interesantes da comarca mariñense coma a vila de Foz, a Basílica de San Martiño de Mondoñedo (non, non está en Mondoñedo), San Cibrao (a da Maruxaina...) e un Castelo sorprendente como é o Castelo de Castro de Douro.
SEGREDOS MARIÑA LUCENSE, CATEDRAL MAIS ANTIGA, VILAS DESCOÑECIDAS
Partimos cara a Castelo de Castrodouro (entrada incluída), fortaleza moi antiga no concello de Alfoz, edificada nun castro xa polo século I dC. Na actualidade o castelo é do concello, e posúe a Oficina de turismo un museo e sala de exposicións.
A continuación visitaremos s a Basílica de San Martiño de Mondoñedo (entrada incluída), a catedral máis antiga de España, e non non está en Mondoñedo...
Antes de acudir a xantar nun restaurante da zona, pasearemos por Foz, unha vila mariñeira, que aparte dun punto turístico importante está considerado un paraiso de flora e fauna, toda a Ría de Foz.
Despois de xantar non podemos deixar de coñecer San Cibrao, un porto pesqueiro da mariña lucense, concretamente do conccello de Cervo, sempre olvidado, pero está considerado polos seus encantos naturais e situación un dos pobos mais fermosos do norte de Lugo. Ten ademais unha veciña moi coñecida por todos, e que normlmente está sentada nunha das praias deste pobo-península.
Inicio do regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: