Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

PASEANDO POLA RIOJA

Categoría raíz
28-31/03/24

Proposta para Semana Santa distinta e orixinal. A través desta viaxe coñecerás e desfrutarás de distintos pobos desta zona, como son Laguardia, Gasteiz, Haro, Sajazarra, Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Ezcaray, a cada cal máis característico e sorprendente; coma outros lugares de interese como son os Mosteiro de Suso e Yuso, ou a visita a unha bodega de renome e icónica desta zona e de toda España: Bodegas CVNE. O dito, dende o enfoque vitivinícola, como é esta zona con Denominación de Orixe das mais importantes do mundo, coñeceremos a cultura, arquitectura e historia desta Rioja “mais amplia”

 

Xoves

Á nosa hora habitual, partiremos cara a Vitoria, Gasteiz, coñecida como a cidade branca. De camiño xantaremos nun restaurante amigo en Castrourdiales. En Vitoria faremos primeiro un paseo polos principais atractivos da cidade, como é: a Catedral de M Inmaculada (entrada incluída), o Edificio de Correos, a Praza da Virxe Branca, a Igrexa de S Miguel, o Celedón, O edificio dos Arquillos, diferentes palacios coma o de Escoriaza, Bendaña, a Torre de Dona Otxanda, etc, acabando na Catedral Vella (entrada incluída). Disporás de tempo suficiente para acabr de coñecela ó teu aire.

A noitiña acercarémonos a Haro, onde nos aloxaremos e cearemos.

 

Venres

Logroño é a capital da Rioja. É unha cidade bañada polo Ebro, e destaca pola cultura do viño a gastronomía, o Camiño de Santiago, o Casco Antigo, o polo seu carácter comercial. Coñeceremos lugares e recursos coma: a Antiga Muralla e o Cubo do Revellín, o Antigo Convento da Merced, a Rúa Portales, o Palacio del Espartero, a Concatedral de Santa María (entrada incluída), a Praza do Mercado, entre outros. Despois gustarache ir ó teu aire por sitios coma a Rúa Portales.

Antes de ir para xantar, acercarémonos  a unha vila da Rioja Alavesa, a Laguardia, vila fermosa e histórica. Daraste conta do seu carácter coñecendo a Muralla, a Praza Maior, a Igrexa de S Juan Bautista, a Casa Primacía, a Igrexa de Santa María de los Reyes, a Torre Abacial, etc.

Xantaremos en Laguardia ou arredores.

Despois partiremos cara a Haro, a visitar unha das bodegas de máis renome e fama da DO La Rioja, a Bodega CVNE (entrada incluída). Aquí daremos conta, tomando algún viño, da historia e cultura que hai detrás destes viños. Non che defraudará a visita.

Despois teremos que coñecer a capital da Rioja propiamente dita, Haro. Esta fermosa vila contén moitos segredos e recursos que coñeceremos mediante un paseo: a Basílica, o Palacio de la Plaza de la Cruz, a Praza da Paz, o Axuntamento, o Palacio de Bendaña, o Torreón, o Palacio dos Condes de Haro, etc. Despois disporás de máis tempo pola túa conta.

Regreso o hotel e cea.

 

Sábado

Despois de repoñer forzas co café, partiremos a un lugar icónico e máxico: Os Mosteiros de Suso e Yuso de San Millán de la Cogolla, (entradas incluídas ós dous), dous edificios declarados Patrimonio da Humanidade no 1997, polo seu gran valor histórico, artístico, relixioso, lingüístico e literario. Neste lugar dise que naceu a lingua castelán, pero o seu entorno natural, a distinta construción e arquitectura de cada un, a súa maxia, deixaranche marabillados.

Despois desta visita completiña iremos xantar o hotel.

Despois de xantar, iremos visitar outra cidade icónica e imprescindible da Rioja: Ezcaray. Unha cidade pintoresca na beira do Rio Oja (de ahí o nome Rioja). Na súa historia e arquitectura está presente a industria dos panos e a lana. Pasearemos coñecendo a Real Fábrica, a Praza do Quiosko, a Praza da Verdura, as súas características rúas e casas, etc.

Partimos a unha vila con nome e solera tamén: Santo Domingo de la Calzada. Debe o nome os eu fundador Domingo, e a calzada refírese o camiño de Santiago, xa que foi un dos seus maiores impulsores e promotores. Dise que nace por e para o Camiño de Santiago. Loxicamente visitaremos o Mosteiro de Santo Domingo de la Calzada (entrada incluída), restos da muralla, a Catedral de Santo Domingo a Torre Exenta da Catedral, a Praza Maior, a  Abadía, ...

 

Domingo

Dia de regreso, pero non por esa menos interesante. Empezaremos visitando unha curiosa e interesante vila, Sajazarra. É unha fermosa vila da Rioja Alta, de Álava, na que rodeado de viñedos, embrúxache pola súa arquitectura e deseño da vila. Considerado un do pobos mais fermosos de España coñecerás o seu Castelo (non se pode visitar, é privado), Muralla, o Axuntamento, a Igrexa de Sta Maríada Asunción,os Muros do Amor, ..., recorrendo as súas antiguísimas rúas.

Continuaremos camiño dunha vila que non sendo de ningunha das “Riojas”, é curioso e moi intesante: Poza de la Sal. Situado en Burgos, é o pobo de Félix Rodróguez de la Fuente. É tamén importante por ser un dos maiores produtores de sal, e ahí están as Salinas, Lavaderos e Abrevaderos, a Praza Vella e a Praza Nova, e loxicamente a Casa de Félix Rodríguez de la Fuente.

Xa que estamos nos Cañóns do Ebro, poderas dar conta das Hoces (escavacións) do Río Ebro dende o bus de paso que nos acercamos a xantar a Pesquera de Rio, a un restaurante amigo.

Continuación da volta.

 

⇒HOTEL 3*, NAS AFORAS DE HARO, A 20 MINUTOS ANDANDO DO CENTRO DE HARO.

⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
395,00 €