PASEANDO POLA RIOJA: LAGUARDIA, HARO, SAJAZARRA, LOGROÑO, MOSTEIRO DE SUSO E YUSO E STO DOMINGO DE LA CALZADA, INCLUÍDA VISITA A UNHA GRAN BODEGA
Proposta para Semana Santa distinta e orixinal. A través desta viaxe coñecerás e desfrutarás de distintos pobos desta zona, como son Laguardia, Haro, Sajazarra, Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Ezcaray, a cada cal máis característico e sorprendente; coma outros lugares de interese como son os Mosteiro de Suso e Yuso, ou a visita a unha bodega de renome e icónica desta zona e de toda España: Bodegas CVNE. O dito, dende o enfoque vitivinícola, como é esta zona con Denominación de Orixe das mais importantes do mundo, coñeceremos a cultura, arquitectura e historia desta Rioja “mais amplia”.
CURRUNCHOS E VIÑO NUNHA RIOJA AMPLIA, SOBERBIA E ESPECTACULAR
1º día:
Á nosa hora habitual, partiremos cara a capital da Rioja propiamente dita, Haro. Esta fermosa vila contén moitos segredos e recursos que coñeceremos mediante un paseo: a Basílica, o Palacio de la Plaza de la Cruz, a Praza da Paz, o Axuntamento, o Palacio de Bendaña, o Torreón, o Palacio dos Condes de Haro, etc. Despois disporás de máis tempo pola túa conta.
A noitiña acercarémonos a Haro, onde nos aloxaremos e cearemos.
2º día:
Logroño é a capital da Rioja. É unha cidade bañada polo Ebro, e destaca pola cultura do viño a gastronomía, o Camiño de Santiago, o Casco Antigo, o polo seu carácter comercial. Coñeceremos lugares e recursos coma: a Antiga Muralla e o Cubo do Revellín, o Antigo Convento da Merced, a Rúa Portales, o Palacio del Espartero, a Concatedral de Santa María (entrada incluída), a Praza do Mercado, entre outros. Despois gustarache ir ó teu aire por sitios coma a Rúa Portales.
Xantaremos pola zona.
A continuación, acercarémonos a unha vila da Rioja Alavesa, a Laguardia, vila fermosa e histórica. Daraste conta do seu carácter coñecendo a Muralla, a Praza Maior, a Igrexa de S Juan Bautista, a Casa Primacía, a Igrexa de Santa María de los Reyes, a Torre Abacial, etc.
Despois partiremos cara a Haro, a visitar unha das bodegas de máis renome e fama da DO La Rioja, a Bodega CVNE (entrada incluída). Aquí daremos conta, tomando algún viño, da historia e cultura que hai detrás destes viños. Non che defraudará a visita.
Regreso o hotel e cea.
3º día:
Despois de repoñer forzas co café, partiremos a un lugar icónico e máxico: Os Mosteiros de Suso e Yuso de San Millán de la Cogolla, (entradas incluídas ós dous), dous edificios declarados Patrimonio da Humanidade no 1997, polo seu gran valor histórico, artístico, relixioso, lingüístico e literario. Neste lugar dise que naceu a lingua castelán, pero o seu entorno natural, a distinta construción e arquitectura de cada un, a súa maxia, deixaranche marabillados.
Despois desta visita completiña iremos xantar o hotel.
Despois de xantar, iremos visitar outra cidade icónica e imprescindible da Rioja: Ezcaray. Unha cidade pintoresca na beira do Rio Oja (de ahí o nome Rioja). Na súa historia e arquitectura está presente a industria dos panos e a lana. Pasearemos coñecendo a Real Fábrica, a Praza do Quiosko, a Praza da Verdura, as súas características rúas e casas, etc.
Partimos a unha vila con nome e solera tamén: Santo Domingo de la Calzada. Debe o nome os eu fundador Domingo, e a calzada refírese o camiño de Santiago, xa que foi un dos seus maiores impulsores e promotores. Dise que nace por e para o Camiño de Santiago. Loxicamente visitaremos o Mosteiro de Santo Domingo de la Calzada (entrada incluída), restos da muralla, a Catedral de Santo Domingo a Torre Exenta da Catedral, a Praza Maior, a Abadía, ...
4º día:
Dia de regreso, pero non por esa menos interesante. Empezaremos visitando unha curiosa e interesante vila, Sajazarra. É unha fermosa vila da Rioja Alta, de Álava, na que rodeado de viñedos, embrúxache pola súa arquitectura e deseño da vila. Considerado un do pobos mais fermosos de España coñecerás o seu Castelo (non se pode visitar, é privado), Muralla, o Axuntamento, a Igrexa de Sta Maríada Asunción,os Muros do Amor, ..., recorrendo as súas antiguísimas rúas.
Continuaremos camiño dunha vila que non sendo de ningunha das “Riojas”, é moi intesante: Briviesca, capital
da Bureba, chamado dende sempre o corazón de Burgos, mantén comom daremos conta da súa faceta medieval nas súas rúas, prazas, Conxunto Monumental de Santa Clara, etc.
En Burgos xantaremos e continuaremos coa volta.
⇒HOTEL 3*, NAS AFORAS DE HARO, A 20 MINUTOS ANDANDO DO CENTRO DE HARO.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: