Volveremos a desfrutar da visita a un dos monumentos naturais máis impresionantes de Galicia, as Fragas do Eume: un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservado de Europa, con 9000 hectáreas de extensión. Completaremos o día acercándonos a Betanzos: a música e o espectáculo enchen as rúas da vila nesta festa medieval da que poderás desfrutar. Plan redondo.
NUN MESMO DÍA: PASEAR POLAS FRAGAS DO EUME E FEIRA MEDIEVAL DE BETANZOS
Para a mañá temos dúas opcións de visita: a primeira corresponderíase a recorrer andando 10 km polas Fragas ata o Mosteiro de Caaveiro, a segunda correspóndese a ter tempo libre na vila de Pontedeume, coñecendo o Torreón dos Andrade, a Praza do Conde ou o Concello, pola túa conta xa que a guía queda nas Fragas co grupo que vai a andar.
A ruta, de recorrido fácil e sinxelo, comezarémola na Capela, para facer uns 2,5 km ata o Mosteiro de Caaveiro. Aquí desfrutaremos un rato desta xoia, e continuaremos outros 7,5 km polas Fragas propiamente ditas.
Xantar nun restaurante amigo.
Pola tarde, chegaremos a Betanzos para desfrutar dos eventos deste día de feira medieval, composto por actuacións teatrais, musicais, malabares, fogos de artificio, etc., baixo un pobo no que as rúas e balcóns do Casco histórico están engalanados con telas e estandartes.
Regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: ZONA CORUÑA
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
