As Rias Baixas é un territorio inmenso,grande en segredos, pobos, festas, cultura. Desta vez eliximos pobos de nome coma Combarro e a Toxa, paraxes impresionantes coma a Praia da Lanzada e Monumentos coma o Mosteiro de Armenteira. Todo nun día, sosegado.
SEGREDOS RIAS BAIXAS, PARAXES E POBOS ÚNICOS
De mañán acercámonos, primeiro a tomar café e despois a pasear e deleitarnos cun pobo de portadas e etiqueta, trátase de Combarro, algo mais que o pobo dos hórreos no mar. Cun paseo por este obo daraste conta de toda a maxia que contén.
Cambiamos de destino, agora un mais de culto e tranquilidade, pero famoso, como é o Mosteiro de Armenteira (entrada incluída).
Despois xantaremos pola zona
Seguimos or esta ría camiño de a Praia da Lanzada, onde terás que mollas as pernas como manda a tradición, e si non queres pasear polas súas augas e area, poderás contemplar a Ermida da Lanzada.
E para rematar o día, pero sen baixar de espectativas, temos a Illa da Toxa, unha illa que está unida a península do Grove or unha ponte que xa nos fai intuir a soberbia e poderío desta fermosa illa nosa.
Regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: