ROMARÍA DA NOSSA SENHORA DA PENEDA, CON CASTRO LABOREIRO, MONÇAO E MELGAÇO
Partimos este domingo cara a unha vila portuguesa que fai fronteira con Galicia, trátase de Monçao, na que destaca a súa fortaleza ou a Capela da Misericordia.
Despois partiremos cara a a unha celebración moi especial para os portugueses, é a Romaría da Nosa Senhora de Peneda, na que só a súa situación escondida e afastada da Capela che sorprenderá. Poderás desfrutar desta celebración mais do entorno deste santuario.
Xantaremos pola zona
Xa de tarde acudiremos cara Castro Laboreiro, unha poboación que tanto pola súa localización coma pola seu contido, seguro que che agradará. Trátase doutro tesouro escondido e protexido na Serra do Gêres, na que destaca as construcións antigas, coma restos dun castelo, Ponte, etc.
Xa de retirada pararemos a pasear por Melgaço, onde coñecerás tamén o seu castelo.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS:
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
