Toca ir, toca coñecer esta curiosa vila cargada de costumes e historia. A chamada Festa da Cultura Galega. Ven a vivir con nós unha das romarías máis interesantes e coñecidas de Galicia, celebrada desde hai 20 anos o día das Letras Galegas en Vilanova dos Infantes. Aquí desfrutarás dunha xornada chea de postos de artesáns galegos, así como música e comida por todas partes. Acabaremos o día visitando Celanova e os muíños da Merca.
RAIGAME A NOSA ALMA, ESPIGUEIROS DIRÍAN OS PORTUGUESES, POBOS DE OURENSE
Sairemos da casa con dirección Vilanova dos Infantes, onde desfrutaremos toda a mañá desta incrible e multitudinaria Romaría Etnográfica de Raigame, onde verás de primeira man a artesáns de distintos oficios, creando e vendo produtos tipicamente galegos, sexan tradicionais ou gastronómicos, e todo nun ambiente festeiro e distendido que fan deste encontro nunha referencia nas celebracións en Galicia. Telo que vivir!
Tras xantar nun restaurante amigo, dirixirémonos a Celanova, onde poderás coñecer a vila. Logo por último visitaremos os hórreos de A Merca, coñecidos por ser a concentración de hórreos máis grande de Galicia.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: