Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

SEVILLA A FONDO: ÉCIJA, OSUNA, SEVILLA O COMPLETO, UTRERA, ALCALÁ DE GUADAIRA E CARMONA

Categoría raíz
14-19/10/25

Sabemos que Andalucía nunca defrauda. Nesta volta, é o turno de Sevilla, tanto a cidade, como a provincia. Non te quedes sen a oportunidade de visitar cun guía local de todos os monumentos do centro de Sevilla, como a Giralda ou a Praza de España. Contaremos tamén con 2 tardes enteiras libres na cidade. Para completar esta viaxe, recorreremos os mellores pobos da provincia, como son: Ecija, Osuna, Utrera, Alcalá de Guadaira e Carmona. Ven a disfrutar do Sur!

 

SEVILLA A FONDO: ÉCIJA, OSUNA, SEVILLA O COMPLETO, UTRERA, ALCALÁ DE GUADAIRA E CARMONA

 

1º día:

Comezamos esta viaxe pola mañá cedo, facendo algunhas paradas polo camiño.

Á hora de xantar estaremos á altura de Extremadura, onde xantaremos nun restaurante amigo.

Seguiremos o camiño e á tardiña xa chegamos ao hotel nas aforas de Sevilla.

Cea e aloxamento.

 

2º día:

Tras o desaiuno, comezamos coa visita ao impresionante pobo de Osuna. Ao chegar, mediante unha pequena visita guiada, coñeceremos os seus segredos como o Arco da Pastora, o Palacio do Marqués da Gomera, a Praza Maior, ou a Colexiata da Asunción entre outros. Logo teremos o resto da mañá libre para seguir coñecendo a vila.

Tras xantar nun restaurante, poñeremos rumbo á seguinte parada do día: Utrera.

Aquí visitaremos lugares como o Palacio do Conde de Vistahermosa (entrada incluída), a Praza do Altozano, o Castelo de Utrera ou a Pasaxe do Neo Perdido. Ao rematar a visita, contaremos con tempo libre na vila.

Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

 

3º día:

Tras o desaiuno, acercarémonos ao centro da cidade de Sevilla, para coñecer con calma todos os segredos e encantos que a capital andaluza ten que ofrecernos. Teremos todo o día.

Da man dun guía local (incluído), pasaremos toda a mañá recorrendo esta cidade, coñecendo lugares como a Catedral de Sevilla e a Xiralda (entrada incluída), o Real Alcázar (entrada incluída), a Torre do Ouro (entrada incluída), a Igrexa do Salvador (entrada incluída), a única e espectacular Praza de España ou o barrio de Triana.

Tras xantar, contaremos con toda a tarde libre na cidade para acabar de visitar e desfrutar da cidade pola nosa conta.

Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

 

4º día:

Tras o desaiuno, poñeremos rumbo ao interior da provincia, para visitar Écija.

Pasaremos aquí toda a mañá, coñecendo primeiro mediante unha pequena ruta os seus encantos como a Praza de España, o Mirador dos Marqueses de Peñaflor (entrada incluída), o Estanque romano (entrada incluída), ou a Igrexa de Santa Bárbara e a de San Francisco; e con tempo libre despois para pasear polas súas rúas cheas de historia.

Tras xantar, dirixirémonos a á famosa vila de Carmona. Aquí mediante unha rutiña guiada coñeceremos os seus segredos, como a Porta de Córdoba, o Alcázar de Arriba, a Torre de Picacho, ou a Praza de Abastos, entre outros. Resto da tarde libre para desfrutar por libre.

Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

 

5º día:

Tras o desaiuno, acercarémonos ao último pueblo que visitaremos nesta viaxe, a coñecida Alcalá de Guadaira.

Aquí disfrutaremos de toda a mañá paseando polas súas rúas e coñecendo increíbles monumentos, que conforman a historia da vila como o seu Castelo (entrada incluída), o Santuario da Nosa Señora da Águila, o Molino da Mina (entrada incluída), a Praza do Duque ou o Arco da Calle Ancha. Resto da mañá libre.

Regreso ao hotel para xantar.

Pola tarde o bus acercaranos ao centro de Sevilla, para desfrutar por libre nesta última tarde, dos encantos que aínda a cidade nos ten que ofrecer. Ultima as compras, desfruta das súas numerosas terrazas e enamórate da cidade.

Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

 

6º día:

Tras o desaiuno, comezaremos o camiño de regreso a Galicia.

Faremos algunha parada, ata o xantar, nun restaurante amigo pola zona de Zamora.

Pola tarde, continuación do camiño de volta.

 

 

⇒HOTEL 3* a 15 minutos en coche de SEVILLA centro

⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: LALÍN, SILLEDA e OURENSE

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
495,00 €