A Costa do Sol, a priori sinal de sol e calidez. Levámosche nesta ponte a desfrutar dun dos lugares que como fondo de praias e bo tempo, posee vilas espectaculares e idílicas coma Setenil de las Bodegas e Ronda, Frigiliana, Mijas Nerja, cidades cosmopólitas e turísticas coma Torremolinos e Málaga, e tesouros como é a ruta que pelexa co Cares por ser a máis visitada e coñecida de España: Caminito del Rey.
COSTA DO SOL, CAMINITO DEL REY, SETENIL DE LAS BODEGAS, RONDA, MIJAS, FRIGILIANA
1º día:
Saída a mañán a primeira hora, cara a Costa do Sol, con paradas para descansar e para xantar. Chegada a Torremolinos, ó hotel, a noitiña.
Cea e alox
2º día:
Votaremos todo o día fóra, visitando Málaga, Frigiliana e Nerja.
De mañán acudiremos a Málaga, unha das cidades máis coloridas e solariegas de España. Da man dun guía local, visitaremos a Alcazaba (entrada incluída), A Farola, a Catedral da Encarnación (entrada incluída), o Palacio Episcopal, a Rúa Marqués de Larios, e mais sitios, así coma tempo libre.
Xantaremos pola zona, e movémonos a Frigiliana, unha vila con un interesante casco histórico, pertence a comarca da Axarquía. Con séculos de historia, este pobo característico e branco, coñeceralo paseando e dando conta de o Palacio dos Condes de Frigiliana, a Rúa Real, o Calexón el Garral, etc.
E xa para rematar o día, toca Nerja, outra poboación de cores brancos e cálidos que invita a pasear e coñecer os seus segredos: coma a Praza de España, o famoso Balcón de Europa, a Igrexa do Salvador, a Praia da Calahonda, o icónico Parque Verano Azul (entrada incluída),...
Regreso o hotel para cea e alox.
3º día:
Día de visitar de mañá dunha vila icónica na Costa do Sol: Ronda. Alí mediante unha ruta guiada coñecerás os segredos deste pobo: a Praza do Socorro, os famosísimos Ponte Nova e Ponte Vella, miradores, conventos, Palacio de Mondragón (entrada incluída), etc.
Despois de xantar, terás a tarde para desfrutar da praia ou pobo de Torremolinos, de Málaga, paseando ou de compras, ...como ti dexes.
Cea no hotel e aloxamento.
4º día:
De mañá partiremos cara a paraxe natural do Desfiladero de los Gaitanes, no centro da provincia de Málaga, a coñecer e recorrer o tan nomeado e coñecido Caminito del Rey (entrada incluída), unhas pasarelas polas paredes verticais do desfiladero que non che deixarán indiferente sobre todo polas vistas e paraxes que observarás. Ruta duns 7,5 km, consideradas entre fáciles e moderadas, xa que inda que son só 7,5 km, teñen subidas e baixadas, escaleiras, etc. Proporcionarase dun refrixerio para o camiño.
Despois do xantar, achegarémonos a outra vila de visita obrigada: Setenil de las Bodegas. Unha vila na que coñeceremos das mans dun guía local as súas rúas típicas declaradas Conxunto Histórico, incrustadas nas rochas da montaña, e localizada na ruta dos Pobos Blancos de Cádiz. Pasearemos polas dúas rúas máis características, pola Praza de Andalucía, pola Torre do Homenaxe,...
Voltaremos a Torremolinos para cear e pernoctar.
5º día:
Despois de tomar o almorzo partiremos para outra vila caraterística e moi cálida como é Mijas, que está formado por 3 zonas. Nós loxicamente visitaremos a máis famosa e pintoresca, a Mijas Pobo, onde o branco e o intrincados das súas rúas darache unha idea de como é este pobo. Pasearemos vendo a Praza Virxen da Peña, a Praza da Cosntitución, a Casa Museo de Mijas, a Igrexa da Inmaculada Concepción, e como non polas súas rúas.
Volveremos a o hotel a xantar, e a desfrutar da última tarde en Toremolinos, da praia, ou onde desees.
Cea e alox
6º día:
O domingo iniciaremos despois de almorzarcedo, o camiño de regreso, xantando de camiño.
⇒HOTEL 4☆, NO CENTRO DE TORREMOLINOS, EN 2ª LIÑA DE PRAIA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: