Propoñemos unha viaxe completa e sosegada, de carácter relixioso, por un dos santuarios máis famosos e visitados, o Santuario de Fátima, en Fátima-Portugal. A maiores levarémosche ao pobo medieval de Ourem e o Bom Jesús do Monte en Braga.
SOLEMNE FÁTIMA, MÍSTICA OUREM E BRAGA
1º día:
Este primeiro día partiremos cara Fátima. Ao chegar xa xantamos no hotel.
Pola tarde, teremos a oportunidade de visitar o espectacular centro historico de Ourem, onde se atopa o Castelo de Ourem (entrada incluída), a Igrexa da Colegiada ou a Via Sacra.
Chegaremos de novo a Fátima para instalarnos no hotel.
Despois de cear poderás asistir ao Rosario e Procesión das Velas.
2º día:
O segundo día, contaremos coa mañá libre para poder acudir, novamente, ás cerimonias relixiosas que se celebrarán no Santuario de Fátima, entre elas a Procesión dos Pañuelos.
Despois de xantar, comezaremos o regreso, parando no Bom Xesús, en Braga.
⇒HOTEL 3*, NO CENTRO DE FÁTIMA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: